Persoa: Serafín Portugal [1]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
Serafín Portugal Soto (Piñor de Cea, 1924-Santiago de Compostela, 2021) |
Ver
Transcripción da Serafín Portugal Soto (Piñor de Cea, 1924-Santiago de Compostela, 2021)A pesar de non ter ese perfil típico dun emigrante galego, dos que nos anos 50 marchaban a Venezuela con apenas formación e cartos para sobrevivir os primeiros meses, Serafín Portugal non escapou á aventura migratoria que impregnaba a realidade social galega daquel entón, descubrindo novos espazos e identidades. O 5 de xullo de 1954 desembarcou no porto da Guaira, co seu título de mestre e o primeiro ano de Dereito cursado na Universidade de Santiago de Compostela. Os cartos non chegaban para a súa continuidade académica, polo que finalmente escolleu a alternativa fornecida polo feito de emigrar. Aquela viaxe a Venezuela marcaría toda a súa vida. Foi un claro exemplo de integración na nova sociedade caraqueña, de simbiose coa cultura crioula, sen esquecer nunca as súas raíces. Traballou no entón chamado Consejo Venezolano del Niño. Alí foi mestre, guía e titor de adolescentes en situación irregular. Trátase, sen dúbida, dun traballo bastante delicado que precisa moita dedicación. Licenciouse na Escola de Traballo Social da Universidade Central de Venezuela, o que lle facilitou o seu ingreso no Banco Obrero e no INAVI ata a súa xubilación. Foi profesor na Universidade Central de Venezuela e na Metropolitana. A outra marxe da súa vida laboral estaba estreitamente ligada á Hermandad Gallega de Venezuela, formando parte da seu Consello Directivo durante varias lexislaturas. Nos anos 90 retornou a Galicia co seu fillo menor, Félix, e coa súa muller, Graciela Hernández, venezolana “de pura cepa” e a súa fiel acompañante no periplo de volta á terra. Tras o retorno, Serafín publicou cinco libros relacionados coas súas vivencias e experiencias en Venezuela e as doutros galegos que destacaron na colectividade. "Reflexiones sobre emigrantes retornados" foi a súa última publicación, na que trata o fenómeno do regreso a Galicia.
|


