Os arrecifes de coral son os ecosistemas con maior biodiversidade do planeta pero son moi sensibles ao quecemento dos océanos, polo que, se non se toman medidas con urxencia, o 90% destes arrecifes poderían morrer nos próximos 25 anos. Nesta charla de TED (8´ 38´´), Theresa Fyffe, da Fundación Gran Barreira de Coral, fálanos da tecnoloxía que desenvolveron nos últimos cinco anos 350 científicos/as e enxeñeiros/as de Australia para restaurar os arrecifes de forma rápida e barata, baseada no coñecemento científico e tamén na sabiduría das comunidades indíxenas.
A tradución ao galego é de Ana Marino Fernández, e recibiu o segundo premio do certame #traduceTED 2025, convocado polo Servizo de Normalización Lingüística da USC.