Francisco Fernández del Riego
Vilanova de Lourenzá (Lugo), 7/ 1/1913 - Vigo (Pontevedra), 26/11/2010Autoría: Malores Villanueva
Intelectual e activista cultural de xenerosa e inesgotable entrega a Galicia
como un regalo adiado de Reis, así lle gustaba dicir a el . A primeira escola, os estudos cos frades laurentinos e a descuberta da lectura van marcar a súa infancia. Tamén a amizade con Álvaro Cunqueiro, ao que coñece no Instituto de Lugo a onde se ían examinar ao rematar cada curso. A súa fraternal relación dende cativos foi capital para que o autor de Merlín e familia volvese á escrita en galego durante a ditadura.
En 1930 marcha a Madrid e matricúlase en Dereito. Antes xa publicara os seus primeiros escritos na revista escolar Páginas Calasancias e no semanario Vallibria, que dirixía Xosé Trapero Pardo. Na capital recibe con entusiasmo a chegada da República e le a Teoría do nacionalismo galego de Vicente Risco, que marcará a súa posición política. De feito, no verán de 1931, coa nova conciencia galeguista, celebra na vila natal o Día de Galicia izando a bandeira galega no balcón do concello. Del Riego era o maior dunha prole de once irmáns e, ante a necesidade de darlles estudos a todos, a familia determina trasladarse a Compostela onde o primoxénito remata Dereito e vai cursar Filosofía e Letras, aínda que non conclúe a carreira. Na apertura do curso académico 1933-34 pronuncia, en representación do estudantado, o discurso «La Universidad gallega ante el momento actual», e non dubida en reclamar a galeguización da institución. Da man de Lois Tobío, entra no Seminario de Estudos Galegos e incorpórase tamén ao Partido Galeguista. O seu labor destacado lévao a ser o primeiro secretario xeral da organización xuvenil Ultreya e da Federación de Mocedades Galeguistas.
Son anos intensos en que colabora asiduamente en diversas cabeceiras galeguistas: no xornal El Pueblo Gallego, nos semanarios A Nosa Terra e Ser, que dirixiu temporalmente, ou nas revistas Alento, Nós e Galiza. Ao tempo asistía aos parladoiros composteláns, especialmente o que tiña lugar na imprenta do editor Ánxel Casal, e participa activamente na campaña de aprobación do Estatuto de Autonomía.
A sublevación militar de 1936 sorpréndeo nunha reunión no concello de Santiago e ante as primeiras detencións, paseos e asasinatos agóchase durante un tempo. O daquela profesor axudante de Dereito Civil da USC decide vestir o uniforme das tropas franquistas para salvar a vida, pero despois de estar na fronte é depurado da súa praza universitaria e inhabilitado para desenvolver cargos docentes e públicos. A súa carreira académica trúncase e decide abandonar a cidade onde ata as pedras o delataban para se asentar en Vigo, onde comeza a traballar como pasante no bufete de Valentín Paz-Andrade, ao tempo que colabora na revista Industrias Pesqueras e, como complemento, dá clases nos centros de ensino Mezquita e Labor, agochando o segundo apelido.
Xa cunha posición un pouco máis desafogada, en 1940 casa con Evelina Hervella, a súa compañeira de vida. Coincide, daquela, con Enrique Peinador e Manuel Gómez Román e deciden reorganizar o Partido Galeguista na clandestinidade. Tres anos despois celebran na casiña onde pasaban os veráns en Coruxo unha reunión onde adxudican os novos cargos, recaendo en Del Riego o de secretario do Exterior e mais de Propaganda. Mais o asentamento da ditadura e a detención de Ramón Piñeiro esfarelan as pretensións políticas do grupo e Del Riego enterra todo o material comprometido no monte do Castro. A partir dese momento céntrase nas actividades culturais e en 1949, xunto a Xaime Isla, pon en marcha un suplemento sabatino no xornal vespertino La Noche, que atendía a temas galegos e que por decisión gobernativa é clausurado só tres meses despois. O certo é que o réxime fascista sempre estaba atento aos seus movementos e foi detido en dúas ocasións: en 1947, xunto a Darío Álvarez Blázquez, por pertenza á Unión de Intelectuales Libres e en 1955, que volve á cadea, sendo exculpado en ambas as ocasións.
Del Riego foi sempre un home ponte entre xeracións, ideoloxías e tamén entre a Galicia de aquén e alén mar, non en van Ramón Piñeiro se refire a el como
o noso Ministro de Exteriores. Dende 1949 exerceu como correspondente do Centro Galego de Bos Aires en Galicia e, por encargo de Luís Seoane, envía unha crónica mensual titulada «Galicia cada trinta días», que asinaba co pseudónimo de Salvador Lorenzana na revista da institución. A Federación de Sociedades Galegas de Arxentina premiouno polos seus textos divulgativos recollidos no libro Cos ollos do noso espírito. Tamén será alén mar onde dea ao prelo Galicia no espello, Galicia y nuestro tiempo (La obra de una generación) ou editará a Obra completa de Ramón Cabanillas. As súas relacións cos exiliados e emigrados en América intensifícanse ata o punto de que en 1954, co gallo do Día de Galicia, foi convidado a Bos Aires e Montevideo, unha viaxe na que puido reencontrarse con vellos amigos. Ao tempo está en contacto con toda a diáspora en América, como mostra o envío de colaboracións para a revista Vieiros que se publica en México. E non só, pois coordinou a maior parte dos programas Galicia desde Londres emitidos semanalmente en galego pola BBC, ao longo dunha década.
O 25 de xullo de 1950 nace a Editorial Galaxia, unha aposta de Xaime Isla e de Fernández del Riego que contou coa complicidade de amizades e accionistas que entenderon necesaria unha canle de difusión da cultura galega. Un ano despois publícase Antífona da cantiga de Ramón Cabanillas e os cadernos da colección Grial, que se prohiben despois do cuarto número. Non conseguirán ata 1963 autorización para sacar de novo a revista que dirixirá ata o número 100 xunto a Piñeiro, a quen incorporaran ao proxecto como director literario. Del Riego preocupouse da súa calidade e de que saíse do prelo trimestralmente, pois a regularidade e a puntualidade sempre foron teimas moi persoais súas.
O ano 1963 non só foi significativo pola segunda vida de Grial, tamén se instaura o Día das Letras Galegas, unha conmemoración que propón xunto con Xesús Ferro Couselo e Manuel Gómez Román ante a Real Academia Galega, institución na que ingresara tres anos antes co discurso «Un país e unha cultura. A idea de Galicia nos nosos escritores», ao que dera resposta o seu vello amigo Ricardo Carballo Calero. Foi esta, sen dúbida, unha das iniciativas de máis percorrido e maior éxito que arrancaba no ano en que tamén se produce a doazón do patrimonio bibliográfico-documental de Fermín Penzol ao país. Grazas ao seu legado créase en Vigo a fundación do mesmo nome e inaugúrase a súa biblioteca, a primeira da cidade, da que Del Riego foi o seu director ata meses antes de falecer. Con todo, o ano aínda deu para botar a andar a colección de poesía Salnés, xunto a Emilio Álvarez Blázquez e Celso Emilio Ferreiro, onde veu a luz o emblemático poemario Longa noite de pedra. E tamén nesa data volve á política e participa na constitución do Partido Socialista Galego (PSG), no que vai militar a carón, entre outros, de Xosé Manuel Beiras, e do que foi elixido o primeiro secretario xeral.
Os días a Del Riego rendíanlle e, amais das súas activades en Galaxia, Artes Gráficas e na Fundación Penzol, aínda lle daba tempo a escribir e dar ao prelo publicacións de carácter divulgativo como o Manual de Historia de la literatura gallega, a Escolma de poesía galega IV. Os contemporáneos, a Escolma de poesía galega III. O século XIX, Letras do noso tempo e preparar antoloxías de diferentes autores, varios deles homenaxeados co Día das Letras Galegas. Tamén son fundamentais os libros O río do tempo. Unha historia vivida e Camiño andado, as súas memorias de vida que, xunto á correspondencia que atesourou ao longo dos anos, dan as claves dunha singradura sempre a favor da causa de nós. Sen esquecer a súa presenza constante como colaborador de prensa, ata semanas antes de falecer, non en van dá nome ao Premio Afundación de Xornalismo.
Non hai unha iniciativa cultural da época en que non apareza o nome de Del Riego: Padroado Rosalía de Castro, Museo Carlos Maside, Museo do Pobo Galego, Fundación Otero Pedrayo, Instituto Galego de Información, Fundación Vicente Risco ou Fundación Laxeiro. Tamén en 1977 participa na Candidatura Democrática Galega para o Senado, xunto a Valentín Paz-Andrade e Fernando Alonso Amat, pero non saíu elixido e un ano máis tarde, diante do novo rumbo partidario, pide a baixa como militante do PSG e desvincúlase de por vida da política organizada.
En 1997 é nomeado presidente da Real Academia Galega, cargo que desenvolverá ata o ano 2001. Xa octoxenario foi quen de modernizar a institución que logrou promovendo a renovación dos estatutos primitivos, en vigor desde 1906: modificouse o mandato vitalicio do presidente e dos directivos, eliminouse o tradicional voto delegado e aumentouse o número de académicos numerarios de vinte e cinco a trinta. E mesmo conseguiu que todos os académicos que non leran o discurso de ingreso por diferenzas co funcionamento da RAG entrasen na institución e promoveu a designación de persoas máis alá das ideoloxías. E ao igual que en Vigo fixera na Penzol, abriu a Academia aos investigadores e achegouna á sociedade.
En vida doou á cidade de Vigo a súa biblioteca de máis de 30.000 volumes, o seu valioso arquivo persoal e a súa rica colección artística custodiada dende entón na Casa Galega da Cultura. Unha mostra máis da súa xenerosidade e da entrega inesgotable a Galicia ata o derradeiro día. Marchou co descanso do traballo ben feito que lle foi recoñecido con numerosísimas distincións: Premio Pedrón de Ouro, Medalla Castelao, Medalla da Cidade de Vigo, Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo, primeiro Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo, Galego Egrexio, Insignia de Ouro da Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia, Premio Fernández Latorrre, Premio Otero Pedrayo, insignia de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela, Premio das Artes e das Letras da Xunta de Galicia, Premio Celanova, Casa dos poetas, Galego do Ano, Fillo predilecto de Lourenzá, Medalla de Ouro de Galicia, Fillo adoptivo de Nigrán, Premio Laxeiro, Premio Blanco Torres de Xornalismo da USC e do Concello de Cuntis, Premio Entreculturas, Premio Voces de Liberdade do PEN Clube de Galicia, Medalla de Prata da revista Industria Conservera ou, xa despois do seu falecemento, a homenaxe
Os bos e xenerososda AELG.
Sempre a pé de obra, seguiu traballando arreo e con radical optimismo, ata os derradeiros momentos da súa vida, para construír un país libre e galego. Marchou paseniño, sen facer ruído, sen folgos porque os investira todos en Galicia, cos ollos cansos de loitar, pero iluminados de galeguismo.
Eu parei na máquina de escribir, eu estou aínda nun período anterior á revolución tecnolóxica, na revolución industrial, e mantéñome nela. Francisco Fernández del Riego transcenderá a todas as revolucións, porque non poderemos facer ningunha sen o seu exemplo, sen a súa guía.
Como citar: Villanueva, Malores : Francisco Fernández del Riego. Publicado o 14/1/2022 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=1374. Recuperado o 16/05/2025

DOCUMENTACIÓN DE
Francisco Fernández del Riego.
Francisco Fernández del Riego é a presenza constante, vizosa e dialogante en toda entidade cultural galega dende os anos 40 do pasado século. A súa entrega a prol da cultura de Galicia ‒e, por extensión, á nosa vida política‒ convérteo en figura indispensable. Estas gravacións, custodiadas no Arquivo Sonoro de Galicia, que se ofrecen teñen como eixe tres intelectuais senlleiros: Ramón Otero Pedrayo, Ricardo Carballo Calero e Antón Losada Diéguez. Eles son a guía que lle permite ao noso conferenciante reflexionar, paseniño e con verba engaiolante, sobre que é Galicia e a súa cultura.
Ricardo Carballo Calero
Con motivo da xubilación de Carballo Calero como catedrático de Lingua e Literatura Galegas da USC, a Asociación Cultural Medulio de Ferrol organiza un ciclo de homenaxe ao profesor. Fernández del Riego, como amigo fraternal, participa nel e o 16 de decembro de 1981 pronuncia unha conferencia en que lle amosa sentida admiración e onde repasa a travesía intelectual e o maxisterio do filólogo ferrolán.
Duración: 47'31''
Sinatura: NCFE_0186.
Fondo:Colección Afundación. Arquivo Sonoro de Galicia. CCG
Ramón Otero Pedrayo
No marco das xornadas oterianas celebradas na Facultade de Filoloxía da USC, o 25 de outubro de 1996, Fernández del Riego diserta sobre a figura de Ramón Otero Pedrayo. Debúxao como “o xeógrafo e historiador da cultura, o único que chegou a unha interpretación unitaria e coherente da nosa terra e do seu espírito. Afonda en tres grandes temas do polígrafo ourensán: Ensaio histórico sobre a cultura galega, o estudo da paisaxe galega e Adrián Solovio.
Duración: 38'51''
Sinatura: ACAT00231_01.
Fondo: Fondo RNE. Arquivo Sonoro de Galicia. CCG.
Antón Losada Diéguez
No ano 1985, o Día das Letras Galegas homenaxea a Antón Losada Diéguez, figura fundamental do galeguismo do primeiro terzo do século XX. O 3 de maio, Fernández del Riego réndelle homenaxe con esta conferencia, na sede de Caixa Galicia de Ferrol, na que fai un percorrido exhaustivo pola súa vida, pola xeración Nós e destaca a súa importante contribución intelectual e a fonda influencia que Losada Diéguez exerce para acadar unha conciencia galeguista.
Duración: 36'54''
Sinatura: NCFE_0496
Fondo: Colección Afundación. Arquivo Sonoro de Galicia. CCG
Incansable traballador a prol da cultura galega
Entrevista de Víctor Freixanes a Francisco Fernández del Riego e Xaime Isla Couto. Ver Documento. Entrevista
Freixanes, Víctor: «Conversa don Francisco Fernández del Riego e Xaime Isla Couto: corenta anos de Grial», Grial. Revista galega de cultura, 157 (xaneiro-marzo de 2003), 50-57.
Fonte: Editorial Galaxia. Hemeroteca da revista Grial
https://editorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2020/12/grial/Grial_157.pdf [Descarga: 2022-09-22]
Entrada biográfica de Gómez Román na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Ver Documento. Artigo
Fernández del Riego, Francisco: «Gómez Román, Manuel». En Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Lugo: El Progeso, DL 2003; XXI, 178-182.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
Fernández del Riego recolle a Xulián Magariños no seu Dicionario de escritores en lingua galega. Ver Documento. Artigo
Fernández del Riego, Francisco: «Magariños Negreira, Xulián M.». En Diccionario de escritores en lingua galega. Sada (A Coruña): Ediciós do Castro, 1990; 228.
Fonte: Biblioteca do Consello da cultura Galega
Iglesia Alvariño: poeta e humanista. Ver Documento. Artigo
de Lorenzana, Salvador: «Iglesia Alvariño: poeta e humanista», Grial, 1 (1963), 28-42.
Fonte: Editorial Galaxia
https://editorialgalaxia.gal/revista-grial/ [Consulta: 2022-12-30]
Fernández del Riego escribe en La Noche sobre Saudade líquida, poemario de Guerra da Cal. Ver Documento. Artigo
Fernández del Riego, F. [Salvador Lorenzana}: «Saudade líquida, o novo libro de Ernesto Guerra da Cal», La Noche, n.º 12947 (7 de xuño de 1963), p. 7
Fonte: Galiciana. Biblioteca de Galicia
Entrevista a Fernández del Riego sobre a biblioteca creada cos fondos bibliográficos e documentais de Fermín Penzol. Ver Documento. Artigo
«Un gran centro de cultura superior para Galicia: entrevista con don Francisco F. del Riego, miembro del Patronato», Faro de Vigo, (4 de maio de 1963)
Fonte: Fundación Penzol
Artigo de Fernández del Riego, asinado como Salvador Lorenzana, na revista Papeles de Son Armadans. 1961. Ver Documento. Artigo
Lorenzana, Salvador [F. Fernández del Riego]: «El poeta Iglesia Alvariño », Papeles de Son Armadans, 69 (decembro de 1961), p. 361-365.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Carné de socio do Real Club Celta. 1951. Ver Documento
Fonte: Fundación Penzol
Artigo de Fernández del Riego sobre Augusto Casas, biográfo de Frei Junípero Serra. Ver Documento. Artigo
Lorenzana, Salvador [F. Fernández del Riego]: «Augusto Casas», La noche, (25 de novembro de 1949). Vai ilustrado cun retrato debuxado co pé de imaxe «Fray Junipero Serra».
Fonte: La Noche vía Galiciana. Composto dixitalmente a partir de dúas páxinas consecutivas do orixinal.
Primeira crítica de Laxeiro feita por Fernández del Riego, sobre a exposición da facultade de Filosofía e Letras de 1934. Ver Documento. Artigo
Fernández del Riego, F.: «Camiños da arte: a exposición de Laxeiro», El pueblo gallego de la tarde , (26 de xuño de 1934), 4
Fonte: El pueblo gallego de la tarde , (26 de xuño de 1934), 4
Facilitada pola Fundación Laxeiro / Concello de Vigo
Colaboracións de Fernández del Riego na revista Nós. Boletín cultural da cultura galega, publicadas en 1933 e 1935. Ver Documento. Artigo
Fernández del Riego, F.:
Fonte: Galiciana. Biblioteca de Galicia
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Biobibliografía de Fernández del Riego na Gran Enciclopedia Galega. Ver Documento. Artigo
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Bibliografía de Francisco Fernández del Riego. Ver Documento
Fonte: Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG)
Artigo sobre o libro Do dezanove aos continuadores de Fernández del Riego, en El pueblo gallego. 1977. Ver Documento. Artigo
F.O.G.: «Do Dezanove aos continuadores, de F. del Riego», El Pueblo Gallego, (1 de febreiro de 1977), p. 12
Fonte: Galiciana. BIblioteca de Galicia
Salvador Lorenzana entrevista ao profesor Río Barja. Ver Documento. Artigo
Salvador Lorenzana [Francisco Fernández del Riego]: «Entrevista co Prof. Río Barja», Galicia emigrante, 32 (1958), 5-6.
Fonte: Consello da Cultura Galega.
Artigo «Algo se lee. Libros de Galicia en 1955». Ver Documento. Artigo
Artigo escrito por Aquilino Iglesia Alvariño, apareceu a páxina completa o 6 de xaneiro de 1956 en La Noche. Vai ilustrado con oito retratos de autores galegos, a maioría fotografías, outros debuxados ou pintados.
Fonte: La Noche vía Galiciana
Retrato de Francisco Fernández del Riego, datado entre 1950 e 1960. Ver Documento. Fotografía
Fonte: Real Academia Galega. Galiciana.
Accesible en http://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/consulta/registro.do?id=463420 [Consulta: 2022-01-17]
A semana cultural de Porto, celebrada en abril de 1935, contou cunha ampla representación de membros do Seminario de Estudos Galegos. Ver Documento. Artigo
«Seminario de Estudos Galegos: La semana cultural de Oporto», El pueblo gallego: rotativo de la mañana, 3441 (17 de abril de 1935), 9.
Fonte: Biblioteca Pública Antonio Odriozola / Galiciana. Bibliotea Dixital de Galicia
http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/consulta/registro.do?id=3952
Ligazóns de interese
Biobibliografía de Francisco Fernández del Riego na DB-e da Real Academia de la Historia
VIlavedra, Dolores: «Francisco Fernández del Riego», DB-e, Real Academia de la Historia [Consulta: 2022-01-17]
Fonte: Real Academia de la Historia
https://dbe.rah.es/biografias/9434/francisco-fernandez-del-riego
Especial «Francisco Fernández del Riego. Correspondente para América», elaborado polo Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega. Permite explorar case trescentos artigos que Fernández del Riego publicou en máis de vinte publicacións promovidas por sociedades de emigrantes en América
Fernández del Riego na Galipedia
Fonte: https://gl.wikipedia.org/wiki/Francisco_Fern%C3%A1ndez_del_Riego [Consulta: 2022-01-17]
Información sobre Francisco Fernández del Riego na páxina web da Real Academia Galega
Fonte: Real Academia Galega
https://academia.gal/membro/-/membro/francisco-fernandez-del-riego [Consulta: 2022-01-17]
Ficha do autor Francisco Fernández del Riego na Biblioteca Virtual Galega
Fonte: Biblioteca Virtual Galega
https://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=FraFern%E12&alias=Francisco+Fern%E1ndez+del+Riego [Consulta: 2022-01-17]
Catálogo en liña da exposición Galicia, de Nós a nós, coordinada por Afonso Vázquez-Monxardín e Ana Acuña. Cidade da Cultura, 2 de outubro de 2020 - 17 de xaneiro de 2021
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/galicia-de-nos-nos
A revista Nós en Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: https://revistanos.galiciana.gal
Malores Villanueva lembra a figura de Fernández del Riego na revista «Fugas» de La Voz de Galicia. Fugas
Villanueva, Malores: «Lembranza dun galeguista de acción», La Voz de Galicia. Fugas, (22 de novembro de 2020)
Fonte: La Voz de Galicia
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/fugas/2020/11/20/span-langgllembranza-dun-galeguista-accionspan/0003_202011SF20P3992.htm?fbclid=IwAR2kcWlLLr7PrelnWNI1FQ2RichUGHxr0GcyU_dFUyPeupe7in1E_4EJoYE [Consulta: 2022-01-24]
Fondos do Arquivo Francisco Fernández del Riego na Casa Galega da Cultura de Vigo
«Arquivo Francisco Fernández del Riego», Novas Penzol, n.º 5 (novembro de 2013)
Fonte: Fundación Penzol
https://hoxe.vigo.org/pdf/PENZOL/NOVASPENZOL5.pdf
Bibliografía de Fernández del Riego na Casa Galega da Cultura de Vigo
«Francisco Fernández del Riego: bibliografía na Casa Galega da Cultura de Vigo.
Fonte: Fundación Penzol
Centenario do seu nacemento», Novas Penzol, n.º 3 (marzo de 2013)
https://hoxe.vigo.org/pdf/PENZOL/NOVASPENZOL3.pdf
Programa Eirado (TVG) do 18 de decembro de 2010 centrado na figura de Francisco Fernández del Riego
Fonte: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/francisco-fernandez-del-riego [Consulta: 2022-01-18]
Edición especial do programa Eirado (TVG) no que se ofrece de xeito íntegro a homenaxe institucional a Francisco Fernández del Riego, realizada no CGAC en Santiago de Compostela o 1 de decembro de 2010
Fonte: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/especial-homenaxe-a-francisco-fernandez-del-riego [Consulta: 2022-01-12]
Intervención de Francisco Fernández del Riego na sesión académica en homenaxe aos profesores que foron afastados da universidade en 1936, celebrada na USC o 5 de decembro de 1996
Fonte: USC
http://tv.usc.es/mmobj/index/id/1008 [Consulta: 2022-01-18]
Intervención de Francisco Fernández del Riego no programa Amigos, da Radio Galega en 1985.
Fonte: Radio Galego
http://www.crtvg.es/cultural/especiais/francisco-fernandez-del-riego-1 [Consulta: 2022-01-18]
Ramón Nicolás recolle no seu blog Caderno da crítica unha carta manuscrita de Delgado Gurriarán enviada a Fernández del Riego
Nicolás, Ramón: «Manuscrito: Florencio Delgado Gurriarán», Caderno da crítica, (20 de abril de 2015). Accesible en: https://cadernodacritica.wordpress.com/2015/04/20/manuscrito-florencio-delgado-gurriaran/ [Consulta: 2022-01-03]
Fonte: https://cadernodacritica.wordpress.com/2015/04/20/manuscrito-florencio-delgado-gurriaran/ [Consulta: 2022-01-03]
Francisco Fernández del Riego na biblioteca do Consello da Cultura Galega
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-shelves.pl?op=view&shelfnumber=15327&sortfield=title
Epístolas de
Carta de Fernández del Riego a Seoane. Sen data
Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1946
Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1947

Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1948

Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1949

Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1950

Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1951

Carta de Francisco Fernández del Riego a Lois Tobío Fernández, 1951.

Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1952

Carta de Francisco Fernández del Riego a Lois Tobío Fernández, 1952.
Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1952
Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1952
Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1953

Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1954

Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1955

Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1956

Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1957

Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1958

Carta de Francisco Fernández del Riego a Lois Tobío Fernández, 1958.
Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1959

Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1960

Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1961
Carta de Francisco Fernández del Riego a Lois Tobío Fernández, 1961.

Carta de Francisco Fernández del Riego a Lois Tobío Fernández, 1962.
Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1963
Carta de Francisco Fernández del Riego a Lois Tobío Fernández, 1963.
Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1963
Postal de nadal de Francisco Fernández del Riego a Lois Tobío Fernández, 1963.
Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1964

Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1965

Carta de Francisco Fernández del Riego a Lois Tobío Fernández, 1967.
Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1968

Carta de Francisco Fernández del Riego a Lois Tobío Fernández, 1969.
Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1969
Carta de Francisco Fernández del Riego a Lois Tobío Fernández, 1970.
Carta de Díaz Pardo e de Del Riego a Seoane. 1972
Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1972
Carta de Francisco Fernández del Riego a Lois Tobío Fernández, 1973.
Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1973
Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1974

Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1976
Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1977
Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1978

Carta de Francisco Fernández del Riego a Lois Tobío Fernández, 1993.
Videos
Francisco Fernández del Riego fala sobre Álvaro Cunqueiro nunha entrevista de Xosé Ramón Gayoso para o programa Pensando en ti, emitido en directo pola Televisión de Galicia o 17 de maio de 1991 desde a praza da Catedral de Mondoñedo
Fonte: TVG
https://www.youtube.com/watch?v=hXhNnl7qOrc [Consulta: 2022-01-18]
Entrevista a Francisco Fernandez del Riego no programa da TVG Pegadas na memoria. Parte 1
Fonte: TVG
https://www.youtube.com/watch?v=Cwo0vTFsg_Y [Consulta: 2021-01-18]
Entrevista a Francisco Fernandez del Riego no programa da TVG Pegadas na memoria. Parte 2
Entrevista a Francisco Fernandez del Riego no programa da TVG Pegadas na memoria. Parte 3
Fonte: TVG
https://www.youtube.com/watch?v=bGRV4ExUCL8 [Consulta: 2022-01-18]
Entrevista a Francisco Fernandez del Riego no programa da TVG Pegadas na memoria. Parte 4
Fonte: TVG
https://www.youtube.com/watch?v=XrvKeG74Q70 [Consulta: 2022-01-18]
Historias da Vida: Fernández del Riego, vídeo realizado por Xan Leira para o Consello da Cultura Galega
Fonte: culturagalega.gal
https://www.youtube.com/watch?v=XtnE6srdJSk [Consulta: 2022-01-18]
Francisco Fernández del Riego explica por que comezou a escribir. Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2006.
Fonte: Videoteca AELG de Francisco Fernández del Riego
https://www.youtube.com/watch?v=LEkKauRlET4 [Consulta: 2022-01-18]
Francisco Fernández del Riego le un fragmento da súa obra Palabras a eito. Asocación de Escritores en Lingua Galega, 2006
Fonte: Videoteca AELG de Francisco Fernández del Riego
https://www.youtube.com/watch?v=sZDHj-2Cvl8[Consulta: 2022-01-18]
Lembranzas de Francisco Fernández del Riego. Peza audiovisual de Lingua Galega TV . 2014
Don Paco no recordo.. Peza audiovisual en homenaxe a Francisco Fernandez del Riego elaborada en 2013 polo colectivo Galeguizar Galicia
Fonte: Colectivo Galeguizar Galiza
https://www.youtube.com/watch?v=f85efAkTUsk [Consulta: 2022-01-18]
Francisco Fernández del Riego, Francisco Fernández Rei e Luís Rei conversan do domicilio de don Paco en Vigo.
O encontro, gravado por Malores Villanueva, tivo lugar en 2009, ano en que o concello de Cambados celebrou o Ano Cabanillas. O encontro produciuse con motivo de lle entregar a Fernández de Riego unha peza escultórica feita por Lucas Míguez por ser unha das dúas persoas (el e Alonso Montero) que editaran a Obra Completa de Cabanillas.
Fonte: Vídeo facilitado por Emilio Xosé Insua
https://www.youtube.com/watch?v=QsURXk3Ovv8&ab_channel=ConsellodaCulturaGalega
Audios
Última intervención pública de Francisco Fernández del Riego, na inauguración do Gabinete de Ramón Piñeiro, homenaxeado co Día das Letras Galegas de 2009. Fundación Penzol, maio de 2009
Autopresentación
Da botánica sarmientana
Galegos e portugueses na área da cultura común
O Castelao da miña mocidade
Pondal, poeta da súa terra
Homenaxe a Frei Martín Sarmiento
Homenaxe a Frei Martín Sarmiento
Publicacións periódicas
Alma Gallega (1919-1927) .
Revista Mensual: Órgano Oficial de la Sociedad Casa de Galicia
Posteriormente varía a denominación aparecendo como Órgano Oficial de Casa de Galicia, Boletín de Casa de Galicia, Boletín Oficial de Casa de Galicia, Revista de Casa de Galicia etc.
Galicia [Bs As 1926] (1926-) .
Revista del Centro Gallego de Buenos Aires. Mutualidad - Cultura - Beneficencia
Fouce, A (1930-1936) .
Periódico galego
Galicia [Bs As 1930] (1930-) .
Publicación semanal editada por la Federación de Sociedades Gallegas
Portavoz de la Federación de Sociedades Gallegas
Lar (1934-) .
Revista mensual de la Asociación Gallega de Beneficencia y Mutualidad
Revista del Hospital Gallego
Irmandino, O (1934-1936) .
Periódico galego: Órgano da Irmandade Galeguista do Uruguai
Casa de Galicia de Unidad Gallega (1940-) .
Libro-Memoria
Nosa Terra, A (1942-1972) .
Periódico galego
Lugo (1943-) .
Órgano oficial del Centro Lucense de Buenos Aires
Publicación del Centro Lucense de Buenos Aires
Vocero del Centro Lucense de Buenos Aires
Órgano del Centro Lucense
Airiños (1944-) .
Revista de la Asociación Casa de Galicia de Buenos Aires
Opinión Gallega (1945-) .
Mundo Gallego [1951-52] (1951-1952) .
Revista de Galicia en América
Galicia [Caracas 1952-54] (1952-1954) .
Revista del Centro Gallego de Caracas
Adiante (1954-) .
Orgâo das Mocedades Galeguistas (Filial de Irmandade Galega)
Galicia Emigrante (1954-1959) .
Vieiros (1959-1968) .
Revista do Padroado da Cultura Galega de México
Aturuxo (1960-1961) .
Alén Mar (1961-1963) .
Revista de la Asociación Argentina de Hijos de Gallegos
Lérez (1962-) .
Revista do Centro Pontevedrés de Buenos Aires
Orientación Gallega (1962-1965) .
Irmandade (1965-) .
N.º 1-2: Boletín mensual de la Hermandad Gallega de Venezuela
N.º 24-26: Periódico de la Hermandad y para la Hermandad: Apolítico, Cultural, Social, Deportivo y Benéfico
N.º 28-36: Hermandad Gallega de Venezuela
Lume Novo (1969-1972) .
Aturuxo (1974-) .
Treboada (1982-) .
Revista do Centro Galego de Barcelona
Galicia en Madrid (1982-) .
2ª Época:
Boletín interno de la sociedad: GRUGALMA
Revista de Letras y Artes Galaico-Hispánicas
Andoriña (1984-1987) .
Revista de Cultura
Galego, O (1988-) .
Voceiro da Xuventude de Galiza-Centro Galego de Lisboa
Libros do ccg sobre Francisco Fernández del Riego
Na espera do amigo.
2023 | Francisco Fernández del Riego, Autoría. Laxeiro, Ilustración.
Ofrenda lírica á nena Silvia Santiago Conde no día da súa Primeira Comuñón.
2017 | Afonso Vázquez-Monxardín, Edición. Patricia Arias Chachero, Edición.
7 de setembro, 1960
Poetas e narradores nas súas voces. Vol. II.
2006 | Manuel Álvarez Torneiro, Autoría.
Homenaxe a Frei Martín Sarmiento no Terceiro Centenario do seu nacemento.
1995 | Afonso Cid González, Locución. Francisco Fernández del Riego, Autoría. Afonso Vázquez-Monxardín, Coordinación. Vidal López, Son.