|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| 1977-00-00 |
|
|
| 1977-00-00 |
|
Ver Cartaz
Transcripción da «Vote Centro» en 00/00/1977
Cartel de propaganda electoral da Unión de Centro Democrático (UCD) coa fotografía de Adolfo Suárez en primeiro plano. A UCD amosouse como a forza máis integradora do recentemente estreado panorama político e apostaba pola vía do pacto e da reforma pacífica. Era a imaxe da moderación que caracterizaba á maioría dos votantes que, saíndo dunha ditadura, temían un enfrontamento armado ou un retorno desta. O feito de que estivese integrada por persoas que, como o seu propio líder, Adolfo Suárez, procedían do mesmo aparello de Goberno dos anos finais do franquismo facilitoulle unha esmagadora vitoria electoral nas eleccións de 1977. A súa posición de privilexio continuou tras unha segunda vitoria nas eleccións lexislativas de 1979; mais, o feito de ter cumprido, segundo boa parte dos seus integrantes, o seu propósito orixinal de traer a democracia e as primeiras fisuras na organización fixeron afundir o partido.
|
| 1977-00-00 |
|
|
| 1977-00-00 |
|
|
| 1977-00-00 |
|
|
| 1977-00-00 |
|
|
| 1977-00-00 |
|
|
| 1977-00-00 |
|
|
| 1977-00-00 |
|
Ver Libreto
Transcripción da «Manual para 22 millones de electores» en 00/00/1977
Libreto informativo de Unión de Centro Democrático (UCD). Neste documento faise énfase nas grandes liñas do seu proxecto político: a moderación, o europeísmo, o reformismo liberal… A identificación entre o Estado impulsor do proceso democrático e o partido Unión de Centro Democrático de Adolfo Suárez era de tal intensidade que a súa propaganda electoral, especialmente nas primeiras eleccións xerais —nunca denominadas ‘constituíntes’—, se confundía intencionadamente. A vontade pedagóxica daqueles primeiros anos e a construción dos hábitos democráticos perdidos na ditadura foron tamén utilizadas no beneficio dun partido pensado por e para levar adiante este tránsito. A imaxe desenvolta de Adolfo Suárez propiciou a creación de organizacións políticas na nova democracia con fortes liderados persoais. A súa figura foi fundamental neste sentido, con gran prestixio e capaz de integrar arredor de si o consenso necesario a través dun liderado personalista que se viu reproducido máis adiante en figuras como a de Felipe González.
|
| 1977-00-00 |
|
|
| 1977-00-00 |
|
|
| 1977-00-00 |
|
|
| 1977-00-00 |
|
Ver Sobre e papeleta electoral
Transcripción da Papeleta electoral Senado 1977 en 00/00/1977
Carlos Amable Baliñas Fernández -mencionado.
José Barbeito Naya -mencionado.
Jesús Fernández de Puelles Novoa -mencionado.
Antonio Gil-Casares Pérez -mencionado.
Francisco Jiménez de Llano -mencionado.
Juan-Luis Marchini Bravo -mencionado.
Jacobo Montero Regueiro -mencionado.
Florencio Morán López -mencionado.
César Picatoste Francos -mencionado.
Ramón Valcarce Vega -mencionado.
|
| 1977-00-00 |
|
|
| 1977-00-00 |
|
|
| 1977-00-00 |
|
|
| 1977-00-00 |
|
|
| 1977-06-15 |
|
|
| 1977-11-00 |
|
|
| 1978-00-00 |
|
|
| 1978-00-00 |
|
|
| 1978-00-00 |
|
|
| 1978-00-00 |
|
|
| 1978-00-00 |
|
|
| 1978-10-00 |
|
|
| 1979-00-00 |
|
|
| 1979-00-00 |
|
|
| 1979-00-00 |
|
|
| 1979-00-00 |
|
|
| 1979-00-00 |
|
|
| 1979-00-00 |
|
|
| 1979-06-28 |
|
|
| 1979-11-00 |
|
|
| 1979-11-20 |
|
|
| 1980-00-00 |
|
|
| 1980-00-00 |
|
|
| 1980-00-00 |
|
|
| 1980-00-00 |
|
|
| 1980-00-00 |
|
|
| 1980-00-00 |
|
|
| 1980-00-00 |
|
|
| 1980-03-00 |
|
|
| 1980-04-00 |
|
|
| 1981-00-00 |
|
|
| 1981-00-00 |
|
|
| 1981-00-00 |
|
|
| 1981-00-00 |
|
|
| 1981-00-00 |
|
|
| 1981-00-00 |
|
Ver Díptico
Transcripción da «Fora o goberno de Sotelo» en 00/00/1981
Propaganda electoral do PST de cara ás eleccións autonómicas galegas de 1981. Reclámase a dimisión de Calvo Sotelo como Presidente do goberno, e solicítase o voto para o partido, logo de explicar as súas principais propostas políticas. Na portada, fotografía de varias persoas co puño erguido. No interior do díptico, dúas imaxes de pintadas políticas nunha parede e dunha manifestación contra o decreto do bilinguismo, debuxo de dous traballadores cunha fouce e un martel, e logo da Coordinadora de montes de Galicia, xunto ao lema "O monte é noso". Na contraportada, debuxo de varias persoas cos puños erguidos e dúas bandeiras, unha delas a galega.
|
| 1981-00-00 |
|
|
| 1981-00-00 |
|
|
| 1981-00-00 |
|
|
| 1981-01-00 |
|
|
| 1981-03-07 |
|
|
| 1981-04-03 |
|
|
| 1981-10-10 |
|
|
| 1982-00-00 |
|
|
| 1982-00-00 |
|
|
| 1983-00-00 |
|
Ver Tríptico
Transcripción da «No Concello de Vigo para avanzar» en 00/00/1983
Panfleto que explica as propostas da coalición Bloque Nacionalista Galego para as eleccións municipais de 1983 en Vigo. O nacemento do BNG en setembro de 1982, en principio constituido por iniciativa das forzas nacionalistas de esquerdas da UPG, a ANPG, o Colectivo Socialista e diversos independentes e colectivos, demostrou dende 1989 ser a iniciativa máis exitosa no ámbito do nacionalismo. Aínda que sufriría novas escisións e enfrontamentos, o BNG obtivo maior representación municipal, autonómica estatal e europea, presentándose a si meso como a única alternativa política que realmente velaba polos intereses do país.
|
| 1983-00-00 |
|
|