Persoa: José Fontenla Leal [7]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
Retrato de Fontenla Leal |
||
O papel de Fontela na fundación da Academia Galega |
||
| 1905-00-00 | Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega (A Habana, 1905) |
Ver
Transcripción da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega (A Habana, 1905) en 00/00/1905Os galegos emigrados a América sempre foron conscientes das necesidades e aspiracións da súa terra. Tiveron unha participación moi activa no progreso e desenvolvemento das institucións culturais creadas en Galicia. A colectividade galega residente en Cuba e na Arxentina estivo á cabeza de movementos impulsores do rexurdir cultural e político, que serviron como elementos catalizadores do cambio no contexto social galego.
|
| 1905-06-25 | Creación da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega na Habana, 1905 |
Ver
Transcripción da Creación da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega na Habana, 1905 en 25/06/1905Por iniciativa do ferrolán José Fontenla Leal creouse na Habana esta asociación co propósito fundamental de "promover la creación en Galicia de una ‘academia’ encargada de velar por la conservación y perfección de nuestra lengua, publicar la ‘Gramática’ y ‘Diccionario’ de la misma (...)". O seu primeiro presidente foi Manuel Curros Enríquez, acompañado na directiva por Ángel Barros e Nan de Allariz. Tras a súa fundación, a asociación iniciou unha campaña na prensa da colectividade para dar a coñecer os seus obxectivos, tal e como vemos neste artigo publicado no xornal Galicia. No mes de xullo dese mesmo ano envíalles cartas a diversos intelectuais das catro provincias galegas instándoos á creación da Academia Galega, que foi constituída o 4 de setembro de 1905 baixo a presidencia de Manuel Murguía. A Academia contou dende os seus inicios e ata ben avanzado o século XX co apoio económico dos emigrantes galegos. |
| 1906-00-00 | Unha carta de José Fontenla Leal a Pascual Veiga |
|
| 1910-00-00 | Unha carta de José Fontenla Leal a Eduardo Pondal |
|
| 1917-03-07 | José Fontenla visita a Eduardo Pondal na Coruña |


