Persoa: Carolina Otero "A Bella Otero"

Persoa: Carolina Otero "A Bella Otero" [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
A Bella Otero (Valga 1868 - Niza 1965). A raíña valguesa da escena
Ver

Transcripción da A Bella Otero (Valga 1868 - Niza 1965). A raíña valguesa da escena

Filla de nai solteira, Agustina Carolina del Carmen Otero Iglesias naceu na parroquia pontevedresa de San Miguel de Valga, o 4 de novembro de 1868. Viviu xunto á súa nai e catro irmáns. Tratábase dunha familia sumida na miseria. A súa nai, Carmen Otero Iglesias, era coñecida como “A piñeira”, pois alimentaba os fillos grazas a recoller piñas no monte e vendelas como combustible para facer lume e dar calor. O seu destino estivo marcado por un suceso nefasto de violencia, pois foi vítima dunha brutal violación no monte Terroeira, sendo aínda unha rapaza preadolescente, de once anos de idade. Logo do acontecido, foi trasladada ao Hospital Real de Santiago, debido a unha aparatosa e preocupante hemorraxia. As secuelas psíquicas e físicas, xunto ao rexeitamento de parte da veciñanza, foron un dos desencadeantes da fuxida da súa localidade. Existen varias versións sobre a forma en que a Bella Otero fuxiu de Galicia e descoñécense os detalles sobre a súa aparición en Barcelona e máis tarde en París. A historia da súa vida está envolta nun halo de fantasía e misterio. Fálase dunha historia de vida chea de datos autobiográficos inventados. O certo é que a súa sona tivo unha repercusión internacional. A Bella Otero logrou moverse en círculos culturais de vangarda da Belle Époque. A súa fermosura, destrezas artísticas, sedutora indumentaria e bo manexo de idiomas abraiaron a poderosos homes da elite; o que provocou que algúns perdesen a cordura e a fortuna. O seu ciclo vital pecharíase dun xeito pouco afortunado, en soidade e sen luxo, debido á súa afección polos xogos de casino, que a levaron á ruína. A pesar da condición económica na etapa final da súa vida, Carolina Otero non esqueceu a súa terra natal —á que nunca máis volveu—, pois deixou unha misiva, dirixida ao alcalde de Valga, na que manifestaba a súa intención de facer beneficiarios de súa herdanza os residentes máis pobres. O dito desexo non se cumpriría, xa que non tiña bens, nin cartos que achegar á comunidade menos favorecida de Valga. A Bella Otero morreu aos noventa e sete anos en Niza, o 10 de abril do ano 1965.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Fernández del Riego, Francisco;  Díaz Pardo, Isaac;  Hervella Nieto, Evelina;  Maside, Carlos;  Dieste, Rafael;  Varela Vázquez, Lorenzo;  García-Sabell, Domingo;  Paz-Andrade, Valentín;  Laxeiro, ;  Castelao, ;  Maiztegui, Isidro B.;  Otero Pedrayo, Ramón;  Blanco Amor, Eduardo;  Cañas, Pilar;  Arias “Mimina”, Carmen;  Prada, Rodolfo;  Piñeiro López, Ramón;  Cuadrado, Arturo;  Colmeiro, Manuel;  Fole, Ánxel;  Núñez Búa, Xosé;  Iglesia Alvariño, Aquilino;  Díaz, Xosé;  Ledo, Xohán;  Canabal, Xesús;  Díaz, Avelino;  Cabanillas, Ramón;  Otero Espasandín, Xosé;  Díaz Dorado, Diego;  Díaz Arias de Castro, Camilo;  López García-Picos, Carlos;  Pita, Emilio;  Álvarez Blázquez, Xosé María;  Ferreiro Míguez, Celso Emilio;  Neira Vilas, Xosé;  Vilanova Rodríguez, Alberto;  Curros Enríquez, Manuel;  Baltar Domínguez, Antonio;  Eiroa, José Gabriel;  Cao Luaces, José María;  Cunqueiro, Álvaro;  Carballo Calero, Ricardo;  Fernández, Valentín;  Gómez Cobas, Casimiro;  Cruces, Fortunato;  Blanco Amor, José;  Villamarín Prieto, José;  Palmás Casal, Ricardo;  Temáticas: migracións;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  artes;  Historias de ida e volta;  Álbum da Emigración;  Álbum de Galicia;  literatura;  artes visuais;  Álbum de Galicia;  autores/as;  Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  música;  asociacións;  prensa escrita;  medios de comunicación;  asuntos particulares;  entrevista;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  Mulleres;  política;  socioloxía;  espazos artísticos;  acción sociocultural;  A nova Sargadelos;  historia;  Mulleres no Álbum de Galicia;  radio;  remesas;  educación;  Fábrica de Porcelanas La Magdalena;  exilio;  ensino;  poesía;  Mulleres galegas na emigración;  As iniciativas educativas da emigración galega;  A cultura galega alén mar;  Novas realidades migratorias a América nos anos centrais do século XX;  O exilio galego;  No centenario da Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina;  100º Aniversario da ABC del Partido de Corcubión;  As asociacións microterritoriais da emigración galega en Cuba;  As asociacións microterritoriais da emigración galega en Arxentina;  Voceiros da colectividade galega na emigracion;  Outros destinos da emigración galega;  150º Aniversario da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia;  O labor filantrópico dos irmáns García Naveira en Betanzos ;  A pegada educativa da emigración galega en América;  premios;  Fardel d’eisilado;  novela; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0