Temática: Memoria e voces femininas da diáspora galega [12]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
A Bella Otero (Valga 1868 - Niza 1965). A raíña valguesa da escena |
Ver
Transcripción da A Bella Otero (Valga 1868 - Niza 1965). A raíña valguesa da escenaFilla de nai solteira, Agustina Carolina del Carmen Otero Iglesias naceu na parroquia pontevedresa de San Miguel de Valga, o 4 de novembro de 1868. Viviu xunto á súa nai e catro irmáns. Tratábase dunha familia sumida na miseria. A súa nai, Carmen Otero Iglesias, era coñecida como “A piñeira”, pois alimentaba os fillos grazas a recoller piñas no monte e vendelas como combustible para facer lume e dar calor. O seu destino estivo marcado por un suceso nefasto de violencia, pois foi vítima dunha brutal violación no monte Terroeira, sendo aínda unha rapaza preadolescente, de once anos de idade. Logo do acontecido, foi trasladada ao Hospital Real de Santiago, debido a unha aparatosa e preocupante hemorraxia. As secuelas psíquicas e físicas, xunto ao rexeitamento de parte da veciñanza, foron un dos desencadeantes da fuxida da súa localidade. Existen varias versións sobre a forma en que a Bella Otero fuxiu de Galicia e descoñécense os detalles sobre a súa aparición en Barcelona e máis tarde en París. A historia da súa vida está envolta nun halo de fantasía e misterio. Fálase dunha historia de vida chea de datos autobiográficos inventados. O certo é que a súa sona tivo unha repercusión internacional. A Bella Otero logrou moverse en círculos culturais de vangarda da Belle Époque. A súa fermosura, destrezas artísticas, sedutora indumentaria e bo manexo de idiomas abraiaron a poderosos homes da elite; o que provocou que algúns perdesen a cordura e a fortuna. O seu ciclo vital pecharíase dun xeito pouco afortunado, en soidade e sen luxo, debido á súa afección polos xogos de casino, que a levaron á ruína. A pesar da condición económica na etapa final da súa vida, Carolina Otero non esqueceu a súa terra natal —á que nunca máis volveu—, pois deixou unha misiva, dirixida ao alcalde de Valga, na que manifestaba a súa intención de facer beneficiarios de súa herdanza os residentes máis pobres. O dito desexo non se cumpriría, xa que non tiña bens, nin cartos que achegar á comunidade menos favorecida de Valga. A Bella Otero morreu aos noventa e sete anos en Niza, o 10 de abril do ano 1965.
|
|
Maruxa Villanueva (A Barrela-Carballedo, 1906 - Santiago de Compostela, 1998) |
Ver
Transcripción da Maruxa Villanueva (A Barrela-Carballedo, 1906 - Santiago de Compostela, 1998)María Isaura Vázquez Blanco, máis coñecida como Maruxa Villanueva, naceu na Barrela e iniciouse no canto da man da súa nai. En 1926, con tan só vinte anos, cruza o charco cara a Arxentina seguindo a dous irmáns que se anticiparan na aventura migratoria. En Bos Aires desenvolvería o seu talento como cantante e actriz, non sen antes traballar como dependenta nun comercio téxtil, como o facía calquera outra muller emigrante galega da época. O desenvolvemento da súa carreira artística foi impulsado da man dun matrimonio formado polo pianista vasco Juan Gueresta e a súa muller, a cantante galega Esperanza Blanco. En 1936 deixa o seu traballo no sector do comercio debido ao éxito alcanzado, sobre todo entre a colectividade galega residente en Bos Aires. Maruxa colaborou de maneira activa nas actividades desenvolvidas a favor da República española levadas a cabo pola colectividade emigrante na cidade. Nese tempo coñece ao dramaturgo estradense Daniel Varela Buxán, que a convidou a cantar na estrea da obra Se o sei… non volvo á casa, que tivo lugar no famoso Teatro Maravillas. Casou con Daniel pero non sería un matrimonio estable. Formaron a Compañía de Teatro denominada Compañía Gallega de Comedias Marujita Villanueva, coa que se estreou "Os vellos non deben de namorarse" de Castelao. Ademais deste último, Maruxa Villanueva tiña amizade con Salvador de Madariaga, Eduardo Blanco-Amor e Fernando Iglesias “Tacholas”, entre outras figuras destacadas da cultura galega alén mar. O seu retorno a Galicia foi intermitente, regresa en 1949 pero, ao fallar os seus plans de traballo, volve a Bos Aires en 1958, para retornar definitivamente en 1962. Esta vez desempeñaría un importante labor na Casa Museo Rosalía de Castro, da man do Dr. Agustín Sixto Seco, presidente do Padroado Rosalía de Castro. Converteuse nunha especialista no mundo rosaliano e coidadora da dita Casa Museo. Recibiu numerosas distincións polo seu labor activo na difusión da cultura galega fóra e dentro de Galicia. Finou en Santiago de Compostela aos noventa e dous anos de idade, o 24 de novembro de 1998.
|
|
Pura Vázquez, mestra e poetisa (Ourense, 1918 - 2006) |
Ver
Transcripción da Pura Vázquez, mestra e poetisa (Ourense, 1918 - 2006)O seu nome completo era Carmen Pura Vázquez Iglesias. Naceu en Ourense en 1918. Como acontecía en moitas familias da época, Pura pertencía a unha familia numerosa. A nai era ama de casa e o pai empregado de Correos. A Coruña foi o lugar que acolleu a toda a familia e lle brindou unha mellora das condicións económicas. Quen ía dicir que aquela nena tan delicada de saúde chegaría a romper moldes a través da súa produción literaria en lingua galega e das súas ensinanzas como mestra. Transcorrendo xa a súa adolescencia e de volta no seu Ourense natal, Pura manifesta unha preferencia polas letras que a fai gozar da lectura e escritura, moitas veces creada por ela mesma. Recibe apoio do seu pai, quen, ante o entusiasmo que Pura manifesta, lle regala a súa primeira máquina de escribir. Comezou con trece ou catorce anos publicando na revista La Zarpa. Estes primeiros traballos foron orientados por Otero Pedrayo.
|
|
Iolanda Díaz Gallego, sempre en movemento pero coa mente en Galicia |
Ver
Transcripción da Iolanda Díaz Gallego, sempre en movemento pero coa mente en GaliciaNaceu en Sarria en 1934. A nai de Iolanda xa vivira de solteira en Uruguai cos seus padriños, que non tiñan fillos, e retornou con eles en 1931. O pai dela tamén tivera experiencia migratoria pero en Cuba, onde tan só estivo durante tres anos. Casan en Galicia e montan un ultramarinos e casa de comidas. Ambos eran republicanos e o pai de Iolanda viuse obrigado a fuxir, nunca máis souberon nada del. Os padriños de Iolanda marchan de novo a Uruguai en 1941. En 1953 a nai e dous irmáns de Iolanda marchan tamén a terras uruguaias, non sen antes “darlles estudos” aos fillos. Iolanda obtivo o título de Perito Mercantil na Escola de Altos Estudos Mercantís da Coruña, con tan só 19 anos. A súa nai dixéralle: “Iremos de aquí cando ti, que es a maior, remates a carreira, porque entón vas ser como o soporte”. Iolanda marchou cun certificado de penais falso, xa que ningunha muller cunha carreira podía saír ao estranxeiro se non fixo o Servizo Social. Se non tiña o certificado de penais non lle daban o pasaporte. De modo que un xoieiro de Sarria, que viñera de Arxentina, axudouna facendo unha carta en que constaba que ela estaba traballando para el como serventa. Aos seis días de chegar a Monteviedo, Iolanda xa estaba traballando na emblemática tenda London París, na sección de importación e exportación. A súa preparación académica permitiulle traballar no Banco de Galicia, posto que lle facilitou a oportunidade de coñecer moitas persoas influentes, entre as que atoparía varios membros do grupo de exiliados galegos que traballaban desde fóra por e para Galicia.
|
|
Antía Cal. Mestra e pedagoga vocacional |
Ver
Transcripción da Antía Cal. Mestra e pedagoga vocacionalNacida na Habana o 18 de abril de 1923, Antía Cal Vázquez era filla de emigrantes galegos orixinarios de Muras. Os seus nomes eran: Vicenta Vázquez e Xosé Cal. Viviu alí cos seus pais ata os nove anos. Sempre comentaba que nesta etapa foi moi feliz en Cuba. Estivo escolarizada no Plantel Concepción Arenal do Centro Galego da Habana. Preocupado pola educación dos fillos, Xosé decide enviar a Galicia á súa muller con eles no barco Cristóbal Colón en 1932, mentres que el permanecería na illa durante 15 anos máis. Tras a chegada a Galicia, o seu fogar foi a casa dos avós maternos, no Mesón Muras, da que conserva moi gratas lembranzas. Antía continuou cos seus estudos no Colexio Dequidt da Coruña, no que tivo boa adaptación. Santiago de Compostela, a onde se mudaron en 1939, sería o seu novo destino familiar. Antía estudou alí, primeiro, Comercio e Maxisterio e, logo, Xeografía e Historia. En 1944, con 21 anos de idade, coñece o que sería o seu marido, o Dr. Antón Beiras, oftalmólogo de Vigo que estaba realizando unha investigación sobre o estrabismo. Deciden casar en 1947 e Antía pon unha condición: ela tamén tiña que atopar traballo. Mentres o dito traballo non aparecía, Antía acompañou a Antón nunha viaxe de estudos por varios países europeos. A estadía que tiveron en Xenebra marcou profundamente a visión de futuro de Antía. Asistiu a un acto do recoñecido pedagogo Pestalozzi, no que descubriu as novas tendencias no desenvolvemento da metodoloxía pedagóxica expostas pola UNESCO. Eses novos coñecementos serían de grande utilidade, tanto para o seu desenvolvemento profesional como para aplicalos na educación dos seus fillos. Despois da citada experiencia, o matrimonio decidiu enviar os seus fillo a cursar a Educación Primaria no Reino Unido. Ela chegou a cumprir o soño de fundar a Escola Rosalía de Castro en Vigo en 1962, na que aplicou todos os coñecementos adquiridos cunha perspectiva educativa revolucionaria, avanzada e un tanto cosmopolita. En 1968 morreu Antón Beiras e Antía quedou viúva con catro fillos e coa responsabilidade de dirixir a súa escola. A metodoloxía aplicada no seu centro educativo rompía co ensino tradicional, sendo unha escola bilingüe, co inglés como segunda lingua, e mixta. O uso do galego normalizouse, sobre todo nas zonas comúns, a pesar da prohibición franquista do seu uso nas aulas. Foi galardoada con varios premios e no 2006 a editorial Galaxia publicoulle as súas memorias: Este camiño que fixemos xuntos.
|
|
Ánxeles Alvariño. O legado científico dunha pioneira galega, precursora na investigación oceanográfica mundial |
Ver
Transcripción da Ánxeles Alvariño. O legado científico dunha pioneira galega, precursora na investigación oceanográfica mundialÁnxeles Alvariño González naceu en Serantes (Ferrol) o 3 de outubro de 1916. Desde ben pequena caracterizouse por ter unha grande inquietude intelectual. O feito de ser filla dun médico e dunha pianista facilitou, sen dúbida, un ambiente familiar propicio e aberto a fomentar todo tipo de aprendizaxe. En 1933 remata os estudos de Bacharelato Universitario en Ciencias e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Os seus estudos de Ciencias Naturais na Universidad de Madrid vense interrompidos polo peche das aulas, motivado pola Guerra Civil. En 1940 casa con Eugenio Leira Manso, capitán da Mariña de Guerra Española e Cabaleiro da Real e Militar Orde de San Hermenegildo, e dous anos máis tarde nace a súa filla, María de los Ángeles, que chegou a ser unha recoñecida arquitecta e urbanista radicada nos EE. UU.
|
|
Nélida Piñón. Escritora e xornalista orgullosa da súa proxenie galega |
Ver
Transcripción da Nélida Piñón. Escritora e xornalista orgullosa da súa proxenie galegaNélida Cuíñas Piñón naceu en Río de Xaneiro no ano 1937. É descendente de galegos polos catro costados. De pai galego e nai carioca, filla de galegos. Daniel Cuíñas Cuíñas, emigrante de Cotobade, era o seu avó materno e foi un referente extraordinario para esta recoñecida escritora. O coñecemento do “mundo galego”, como ela mesma sinala, deulle a oportunidade de afondar na súa pertenza a dúas culturas, a consolidar unha identidade híbrida que tanto enriquece a alma. Na súa nenez Nélida viaxa a Galicia cos seus avós maternos e cos seus pais, onde permanece durante case dous anos. A escritora cualifica este ciclo como o máis feliz da súa vida, cheo de aprendizaxes, doutras linguas e paisaxes. Desfrutou da vida no agro dun xeito intenso e conserva aínda na súa memoria todas esas experiencias tan frutuosas. O seu anhelo sempre foi ser escritora e aquela experiencia en Galicia marcaría parcialmente a súa obra literaria. Un fiel exemplo atopámolo no seu libro La república de los sueños (1984), no que recrea o fenómeno da emigración galega e todo o que representa como tal.
|
|
| 1909-00-00 | Sofía Casanova, unha escritora de gran sona no seu tempo |
Ver
Transcripción da Sofía Casanova, unha escritora de gran sona no seu tempo en 00/00/1909Sofía Casanova naceu na Coruña en 1862 e moi nova trasladouse coa súa nai e irmáns a Madrid para que puidesen estudar. Con 15 anos xa asistía a reunións dos círculos intelectuais da capital e será nun destes faladoiros onde coñeza ao seu marido, o profesor e filósofo polaco Vicente Lutoslaswki, co que marchará vivir a Polonia. A actividade diplomática do seu home fai que viaxe a miúdo polas principais capitais europeas e viva os principais cambios históricos de finais do século XIX e primeira metade do XX. Convértese, así, nunha destacada xornalista ao escribir sobre todos os acontecementos que se estaban a producir: o sufraxismo, as loitas sindicais, a formación do Partido Comunista, a revolución rusa e as dúas guerras mundiais. Foi das primeiras periodistas correspondentes de guerra. Nos seus escritos podemos ver que se trataba dunha muller comprometida cos cambios sociais da súa época cunha clara postura pacifista e antibélica. Esta actividade como xornalista será o seu apoio económico tras o repudio do seu home. Tamén escribiu novelas, poesía e obras de teatro. |
| 1922-09-03 | Mercedes Vieito, xornalista pioneira na prensa da colectividade en Cuba, 1922 |
Ver
Transcripción da Mercedes Vieito, xornalista pioneira na prensa da colectividade en Cuba, 1922 en 03/09/1922A cubano-galega Mercedes Vieito Bouza naceu na Habana, filla duns humildes emigrantes naturais das Somozas que lle fomentaron a identidade galega desde moi pequena. Estes sentimentos de pertenza e orgullo por unha cultura e un país, que non chegou a coñecer ata finais de 1920, aparecen en todos os seus escritos na prensa da colectividade. Mais tamén se consideraba cubana plenamente integrada no seu país de nacemento. Na Universidade da Habana estudou maxisterio, profesión que exerceu coa creación dunha academia chamada "La Aurora" –nome que nos retrotrae ao concello natal dos seus pais–, dedicada ao ensino primario para nenos e nenas. |
| 1923-00-00 | Andrea López Chao, unha mestra galega en Cuba a prol da educación e do progreso das mulleres |
Ver
Transcripción da Andrea López Chao, unha mestra galega en Cuba a prol da educación e do progreso das mulleres en 00/00/1923Pouco se sabe da vida de Andrea López Chao, emigrante na illa de Cuba. Mais ela non foi unha de tantas mulleres sen estudos nin formación que na primeira década do século XX marcharon alén mar para traballar no servizo doméstico. A través da prensa temos noticia do seu labor como docente no Plantel Concepción Arenal do Centro Galego da Habana, do que chegou a ser directora. Moi integrada na colectividade galega, ocupou o cargo de vicepresidenta da sociedade Hijas de Galicia, entidade centrada na protección e coidado da muller emigrante.
|
| 1959-00-00 | Anisia Miranda, unha vida chea de literatura. Bos Aires, 1959 |
Ver
Transcripción da Anisia Miranda, unha vida chea de literatura. Bos Aires, 1959 en 00/00/1959Ese ano, aproveitando a visita de Ramón Otero Pedrayo a Bos Aires, na editorial Follas Novas organizaron varias actividades arredor da súa figura e dedicáronlle esta feira.
|
| 2000-07-25 | Maruxa Boga e Clotilde Iglesias nunha homenaxe a Castelao no Teatro Bambalinas de Bos Aires, xullo de 2000 |
Ver
Transcripción da Maruxa Boga e Clotilde Iglesias nunha homenaxe a Castelao no Teatro Bambalinas de Bos Aires, xullo de 2000 en 25/07/2000Mª Josefina Boga Romaní, máis coñecida como Maruxa Boga, foi a voz por excelencia dos e das galegas na sociedade arxentina. Filla de emigrantes, naceu en Bos Aires en 1916. Cun profundo amor pola terra dos seus pais, desde moi nova participou nos festivais e recitais organizados polas asociacións galegas, nos que se intentaba preservar e defender a identidade cultural e lingüística de noso. Con 17 anos comezou a traballar na radio coa actriz Maruxa Villanueva e en 1941 participou na estrea mundial de Os vellos non deben de namorarse, que supuxo un fito para a nosa cultura.
|


