Persoa: Isabel López García

Persoa: Isabel López García [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1978-04-05
Carta de Seoane a Piñeiro. 1978
Ver [Carta mecanografada]

Transcripción da Carta de Seoane a Piñeiro. 1978 en 05/04/1978


Buenos Aires, 5 de Abril de 1978

Sr. D. Ramón Piñeiro
Santiago

Querido Piñeiro:

Recibín os recortes que me enviaches e unha nota na que evocas o plebiscito do 36. Pasaron, efectivamente, 42 anos dende entón e si ben a idea da autonomía é mais popular, matino, en troques, que as testas que a sosteñen son menos sabias, senón, ¿cómo é posible que o descoñecido señor Rosón, do que falan mal políticamente seus veciños emigrantes, sexa presidente da Xunta de Galicia, e non tí, que tanto traballaches nun medio tan dificil como o universitario durante trinta anos, ou Domingo, cuias dotes políticas eu coñezo dende a época da F.U.E. e cuia laboura de ensaísta, de conferenciante, etc., feita tamén dende entón é da mais importante da sua xeneración, e tamén é un parlamentario? ¿É que Galicia vai ter sempre en cada unha das provincias catro ou cinco concellos de cuios votos poder dispoñerse en unha elección pra erguer a categoría de parlamentarios a calquera? E posibre que dentro dun ano Galicia teña a sua autonomía. Mais ¿terá de ser con xente como a que agora compón a sua Xunta? Fágoche estas preguntas, non as contestes si queres. Eu, logo de ter traballado casi soio, sin medios, eiquí, e feito moitos plans que nunca se cumplirán para ahí, xa non espero nada senón o continuar grabando e pintando que parece ser o meu. Tampouco estou xa seguro. Agradezoche os recortes. Hoxe recibín o número 3 de A Nosa Terra, seguramente porque trae unha carta do lector Xosé Abraira, referíndose a A Nosa Terra de Buenos Aires, unha caricatura de aquela feita polas Irmandades da Fala e logo do Partido Galeguista. Ou cecáis pra que vexamos como se meten con Valentín, porque a historia da vida dos homes non conta.
Unha gran aperta pra Isabel, Sara e tí de Maruxa e miña:


[Escrito a man]
Agradezoche moito o envío dos recortes e a única información miña de Galicia.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Cabanas, Constantino;  Peña, Marina de la;  Cañas, Pilar;  Murguía, Manuel;  Valcárcel, Marcos;  Díaz Pardo, Isaac;  Carro García, Xesús;  Castelao, ;  Faraldo, Antolín;  Bouza Brey, Fermín;  Piñeiro López, Ramón;  Lence-Santar, Eduardo;  Caneiro, Horacio;  Dieste, Rafael;  Castro Gerpe, Blanca;  Tobío Fernández, Lois;  González López, Emilio;  Otero Pedrayo, Ramón;  Lapa, Manuel Rodrigues;  Picasso, Pablo;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Martín, Elena;  García-Sabell, Domingo;  Arias “Mimina”, Carmen;  Gonzalez, Malena;  Villares, Ramón;  Scheimberg, Simón;  Risco, Vicente;  Martínez López, Ramón;  Carballo Calero, Ricardo;  Barreiro Fernández, Xosé Ramón;  Fraguas Fraguas, Antonio;  González, Flor;  Rama, Carlos M.;  Fernández del Riego, Francisco;  Falcini, Luís;  Lorenzo Fernández, Xaquín;  Sofovich, Bernardo;  Villar Ponte, Antón;  Tomé, Alba;  Portela Silva, Ermelindo;  Payró, Julio;  Cunqueiro, Álvaro;  Castro, Rosalía de;  Filgueira Valverde, Xosé;  González García-Paz, Sebastián;  Núñez Meneses, Pablo;  Parga Pondal, Isidro;  Temáticas: Galego;  Proxector;  vídeo;  Secundario;  Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  Universitario;  literatura;  Álbum de Galicia;  política;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  historia contemporánea;  artes;  prensa escrita;  artes visuais;  historia medieval;  etnografía;  emigración;  entrevista;  relixión;  espazos artísticos;  autores/as;  nacionalismo;  patrimonio;  arqueoloxía;  xeografía;  socioloxía;  historia antiga;  historia moderna;  asuntos particulares;  tradición;  Historia. Xeografía;  filoloxía e lingüística;  Arquivística, biblioteconomía e documentación;  antropoloxía;  Lingua. Literatura;  ciencia política e da administración;  medios de comunicación;  Camiño de Santiago;  filoloxía galego-portuguesa;  ciencias económicas e empresariais;  migracións;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  Álbum Nós;  historia e institucións económicas;  Agora. Conferencias e conversas no CCG;  nacionalismo galego;  lingua;  Artes plásticas, deseño, música, danza e deporte;  antropoloxía social;  Guerra Civil española (1936-1939); 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0