Temática: Ares en Cuba: unha emigración mariñeira [3]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
Unha xornada de lecer: dependentes aresáns da ferraxería Casteleiro, Vizoso y Cía., ca. 1920 |
Ver
Transcripción da Unha xornada de lecer: dependentes aresáns da ferraxería Casteleiro, Vizoso y Cía., ca. 1920Coa prosperidade do negocio, Segundo Casteleiro e Gaspar Vizoso, os seus propietarios, contrataron mozos da súa comarca natal, ben da súa familia ou ben fillos de veciños da súa máxima confianza. Ao chegar á Habana, estes rapaces instalábanse no magnífico edificio sede da ferraxería. A empresa, cunha política de axuda mutua e promoción dos seus empregados, encargábase de inscribilos no Centro Galego para que tivesen atención sanitaria e educativa e, dependendo da súa capacidade e interese, ocupábase da súa educación nas horas libres, con clases de idiomas, contabilidade… e mesmo cursos de formación comercial no estranxeiro.
|
|
Ángel Bello Amado, natural de Redes, traballando na delegación da Ferraxería Casteleiro, Vizoso y Cía. en Ciego de Ávila, ca. 1915 |
Ver
Transcripción da Ángel Bello Amado, natural de Redes, traballando na delegación da Ferraxería Casteleiro, Vizoso y Cía. en Ciego de Ávila, ca. 1915Esta ferraxería axiña se converteu nun negocio florecente grazas ao crecente desenvolvemento da economía cubana de principios de século. Cuba era unha potencia exportadora de azucre e tabaco e precisaba modernizar as instalacións das explotacións, ademais das vías de comunicación por todo o territorio. A bonanza económica provocou que as vendas se disparasen e a compañía de venda de materiais e maquinaria agrícola e naval creou delegacións por toda a illa, con pequenos almacéns preto dos puntos onde se xeraba a demanda de material ferraxeiro.
|
|
Bar restaurante El Escorial, A Habana |
Ver
Transcripción da Bar restaurante El Escorial, A HabanaJosé Torrente López (ca. 1855) era betanceiro de nacemento de pai aresán e residiu en Ares desde meniño. Entrado xa o último terzo do século XIX e apenas sendo un adolescente, emigrou á illa de Cuba. Como moitos galegos asentados na Habana, José conseguiu desenvolverse no sector hostaleiro. Pertenceu a esa clase de emigrantes que non se limitaron a buscar o éxito individual, senón que trasladaron esforzos que repercutiron positivamente na súa comunidade de orixe.
|


