Temática: A Biblioteca América: o legado cultural de Gumersindo Busto

Temática: A Biblioteca América: o legado cultural de Gumersindo Busto [4]

Data Material Ver
Data Material Ver
Gumersindo Busto Villanueva, gran filántropo compostelán (Santiago de Compostela 1872 - Bos Aires 1937)
Ver

Transcripción da Gumersindo Busto Villanueva, gran filántropo compostelán (Santiago de Compostela 1872 - Bos Aires 1937)

Fillo de María Manuela Busto y Villanueva, este compostelán naceu en 1872, na parroquia de San Martiño de Laraño. Pouco se sabe sobre a súa infancia e preadolescencia en Galicia, agás que ingresou no Seminario de Santiago e cursou os tres primeiros anos de Latinidade. Como moitos galegos da época, Gumersindo non escaparía á tentación de emprender a súa propia aventura migratoria. En 1887, con tan só 15 anos, embarcou cara a Uruguai, o seu o primeiro destino migratorio e onde desempeñou varias ocupacións, como telegrafista no Ferrocarril Central de Uruguai, mestre dunha escola rural en Tacuarembó e asistente nunha notaría en Montevideo. Esta última experiencia marcou o seu ingreso na Facultade de Dereito da Universidad de Montevideo en 1892. Nese mesmo ano Gumersindo marchou para Arxentina e volveu exercer de telegrafista no Ferrocarril de Bos Aires e Rosario. Coa intención de continuar cos seus estudos, decide solicitar traballo no Rexistro da capital ata conseguir o grao de escribán público da cidade de Bos Aires, en 1898. Dende entón a súa carreira profesional consolidouse cada vez máis. O 11 de maio de 1896 contrae matrimonio coa arxentina Felisa Gallardeo e forman unha familia numerosa de oito fillos varóns, dos que o segundo, chamado Julio César, seguiu os seus pasos profesionais e rexeu con el a notaría dende 1933.
O seu crecemento intelectual e profesional non fixo que emocionalmente se desligase da súa terra, senón todo o contrario. Coa mente sempre nela, Gumersindo Busto promoveu unha serie de iniciativas para estreitar lazos entre América e España, entre as que destacou o seu proxecto de creación da Universidad Libre Hispanoamericana, nado en 1904. Finalmente, só puido levar a cabo un dos elementos que complementaban ese grande ideal e que consistía na organización e fundación da Biblioteca América da Universidade de Santiago de Compostela, froito de grandes esforzos e unha incansable persistencia e dedicación persoal, a cal foi inaugurada 22 anos despois, en 1926.


De emigrante común a distinguido letrado da cidade de Bos Aires
Ver

Transcripción da De emigrante común a distinguido letrado da cidade de Bos Aires

Gumersindo Busto chegou a América en plena adolescencia, con todos os cambios físicos e cognitivos inherentes a esa etapa da vida. Como a moitos rapaces da época que embarcaron cara a América, tocoulle madurar dun xeito case repentino e acelerado. A súa interpretación da contorna social foi rápida, e integrouse ao mundo laboral a unha idade temperá. Desenvolveu oficios pouco comúns, tendo en conta as características da maioría dos emigrantes galegos da época. En Bos Aires, no seu segundo e definitivo destino migratorio, Gumersindo Busto exerceu o notariado como rexente do Rexistro de Contratos nº 125 e chegou a ser docente no Instituto de Aspirantes ao Notariado. No quefacer diario da súa profesión, o seu despacho destacaba polo impecable manexo de xestións referidas a contratos civís e comerciais, préstamos hipotecarios, tramitacións testamentarias e administración de propiedades.


1924-08-24
Defensa de Gumersindo Busto da doutrina do hispanoamericanismo
Ver

Transcripción da Defensa de Gumersindo Busto da doutrina do hispanoamericanismo en 24/08/1924

Baixo o título «¿Qué es el Hispanoamericanismo?» Gumersindo Busto avoga neste artigo pola cooperación entre os pobos hispanos, a nivel tanto cultural e educativo como económico.
Non se podería entender a creación da Biblioteca América sen coñecer as correntes ideolóxicas que dominaban a finais do século XIX e primeiras décadas do XX na vida cultural americana e española. O rexeneracionismo —doutrina protagonizada polas clases medias profesionais que loitaban pola modernización de España defendendo a acción privada fronte á pública— e o hispanoamericanismo —coa reafirmación do hispano fronte ao mundo anglosaxón e unha valorización da influencia española na cultura dos países americanos— estaban moi presentes nos escritos da época. Home culto e progresista, Busto participou activamente en varias institucións que defendían esta ideoloxía. Foi socio da Unión Ibero-Americana e de asociacións galegas en América como a Unión Hispano-Americana Pro Valle Miñor, que destacou polos seus logros instrutivos e culturais. Neste contexto cobra sentido o seu soño de levar a cultura e o saber americanos ao centro do saber de Galicia, a USC.


1937-06-21
Triste noticia para a colectividade galega emigrada: o pasamento de Gumersindo Busto
Ver

Transcripción da Triste noticia para a colectividade galega emigrada: o pasamento de Gumersindo Busto en 21/06/1937

Gumersindo Busto morre en Bos Aires o 21 de xuño de 1937 sen chegar a ver fisicamente o proxecto da súa vida, a Biblioteca América. A noticia do seu pasamento tivo unha gran repercusión na prensa arxentina e galega. A maioría dos xornais da colectividade emigrada en América rendéronlle unha última homenaxe ao filántropo compostelán que dedicou gran parte da súa vida e da súa fortuna persoal a apoiar o desenvolvemento da universidade da súa terra como un medio de progreso para Galicia. Neste artigo da revista Galicia, órgano oficial do Centro Galego de Bos Aires, do que fora socio e directivo, podemos ler: «El fallecimiento de don Gumersindo Busto enluta, no solo a Galicia, [...] sino también a toda la América hispánica, ya que casi toda su vida fue consagrada a difundir el conocimiento y los valores de los países nacidos de la madre patria». A título póstumo a USC concedeulle un vítor como recoñecemento ao seu labor de impulsor e alma mater da Biblioteca América.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: García Naveira, Juan;  García Naveira, Jesús;  Busto, Gumersindo;  García Barbón, José;  Murias Rodríguez, Pedro;  Cordo Boullosa, Manuel;  González López, Emilio;  Fernández Montenegro, José María;  Vidal Carrera, Ramiro;  Maseda Villamil, Francisco;  Castro, Rosalía de;  González Fernández, Ramón;  Fernández González, de Cabrera, Elsa;  Blanco de Lema, Fernando;  Castelao, ;  Rodríguez Murias, Jesús;  Serra Fernández, Agapito;  Couto Pulido, Carlos;  Kiro, Ana;  Candia López, Manuel;  Temáticas: Historias de ida e volta;  remesas;  asociacións;  A pegada indiana na Mariña lucense;  educación;  Galegos en Portugal: Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa;  emigración;  O labor filantrópico dos irmáns García Naveira en Betanzos ;  acción sociocultural;  A emigración galega nos Estados Unidos;  traballo;  ensino;  Mulleres;  A Biblioteca América: o legado cultural de Gumersindo Busto;  O indiano José García Barbón e a súa acción filantrópica;  Ares en Cuba: unha emigración mariñeira;  arquitectura;  Memoria e voces femininas da diáspora galega;  identidade cultural;  O indiano Pedro Murias e o seu legado na Devesa;  comercio;  exilio;  O navío Santa Maria e a Operación Dulcinea;  música popular;  artes escénicas;  artistas;  poesía;  agricultura;  música tradicional;  deportes;  filosofía;  O indiano Fernando Blanco de Lema e a súa acción filantrópica;  coros;  empresas;  prensa escrita; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0