Persoa: Juan García Naveira [9]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
Figuras representativas dunha vila: os irmáns García Naveira, Betanzos |
Ver
Transcripción da Figuras representativas dunha vila: os irmáns García Naveira, BetanzosEn 1983 trasládase a escultura marmórea dos filántropos García Naveira ata a praza que leva o seu nome, con motivo do cincuentenario do falecemento de Juan. Trátase dunha estatua que estaba situada orixinalmente na parte baixa do parque do Pasatempo. A escultura representa a Jesús sinalando os edificios do asilo e as escolas creadas por ambos os benfeitores, mentres que Juan escoita polo auricular dun teléfono. Sospéitase que a realización do monumento correu a cargo da Federación de Sociedades Obreiras de Betanzos (agricultores, canteiros e carpinteiros, entre outros oficios), en sinal de agradecemento aos irmáns García Naveira, e tamén que foi unha obra encargada ao artista S. Sbricoli.
|
|
O Parque do Pasatempo de Betanzos, máis que un capricho indiano |
Ver
Transcripción da O Parque do Pasatempo de Betanzos, máis que un capricho indianoA curiosidade e o afán de sabedoría leva os irmáns García Naveira a viaxar por varios países. Acompañados de Rogelio Borondo, bo amigo betanceiro, viaxan a lugares emblemáticos e estimulantes, onde coñecen parte da súa historia, arte, cultura, natureza e industria. Os tres amigos, nun periplo de dous meses de duración, visitan Francia, Suíza e Italia. Borondo escribe a obra titulada
|
|
O Parque do Pasatempo de Betanzos ante novos tempos e merecidas oportunidades |
Ver
Transcripción da O Parque do Pasatempo de Betanzos ante novos tempos e merecidas oportunidadesA construción do Parque do Pasatempo comezou en 1893 e contaba nada menos que con nove hectáreas de superficie para desenvolver un soño multipropósito. Non se trataba só dun espazo para acadar o enxalzamento perpetuo da figura de Juan García Naveira e da súa familia, senón de transmitir coñecemento a partir das experiencias vividas tras percorrer países de medio mundo, ensinanzas plasmadas en cada recanto do elaborado recinto para o deleite dos seus visitantes. O Pasatempo resultou, sen dúbida, un recurso pedagóxico inherente ás escolas fundadas polos irmáns García Naveira, sen parangón en España. A súa decadencia comezou coa morte de Juan García Naveira en 1933. Desde entón, nada quixo ser tan grande para quedar tan pequeno.
|
|
| 1915-00-00 | O filántropo betanceiro Juan María García Naveira nunha visita ao asilo de anciáns, ca. 1915 |
Ver
Transcripción da O filántropo betanceiro Juan María García Naveira nunha visita ao asilo de anciáns, ca. 1915 en 00/00/1915Os Estatutos de la Fundación Benéfica Asilo García Hermanos y Escuela García Hermanos publicados en 1908, recollen os requisitos para a admisión de usuarios do asilo, que sería rexido preferentemente polas Hermanitas de Ancianos Desamparados ou outra comunidade homóloga:
|
| 1917-09-02 | Escolas García Hermanos, por unha escola aberta que amplíe horizontes para os brigantinos máis novos (inauguradas o 2 de setembro de 1914) |
Ver
Transcripción da Escolas García Hermanos, por unha escola aberta que amplíe horizontes para os brigantinos máis novos (inauguradas o 2 de setembro de 1914) en 02/09/1917Os irmáns García Naveira, como outros indianos enriquecidos, aproveitaron a prosperidade propia para promover o desenvolvemento educativo, cultural, social e material do seu lugar de orixe. Un exemplo ben representativo foi a construción e o mantemento das escolas para os nenos e nenas das clases máis desfavorecidas de Betanzos. As escolas García Hermanos eran coñecidas como escolas do asilo, pois estaban a carón deste. O edificio tiña instalacións independentes para cada sexo, tanto as aulas como os espazos de recreo. Os horarios tamén estaban diferenciados e procurábase que os varóns saísen con media hora de antelación con respecto ás rapazas.
|
| 1925-00-00 | Estampa familiar do indiano Juan María García Naveira en Betanzos, ca. 1925 |
Ver
Transcripción da Estampa familiar do indiano Juan María García Naveira en Betanzos, ca. 1925 en 00/00/1925Juan María García Naveira (Betanzos, 16 de maio de 1849 – 9 de marzo de 1933), orfo de pai, decide, como moitos dos seus veciños, tomar o camiño da emigración e en 1869 marcha en busca dun futuro mellor a Arxentina. Alí traballa en diversos oficios e un par de anos despois, xa encarrilada a súa economía, manda chamar o seu irmán pequeno Jesús. A traxectoria profesional de ambos os dous continúa paralela e chegan a ser uns importantes homes de negocios. Hai varias fontes que atribúen a súa gran fortuna á venda duns terreos en Bahía Blanca para a construción da liña de ferrocarril.
|
| 1933-00-00 | Noticia do pasamento do filántropo Juan María García Naveira, 1933 |
Ver
Transcripción da Noticia do pasamento do filántropo Juan María García Naveira, 1933 en 00/00/1933Juan García Naveira tivo unha vida longa e produtiva. De ser un neno pobre e con escasa formación pasou a converterse, grazas á emigración, nun home emprendedor e moi rico, así como —o que para el era esencial— nun home instruído. Con todo, nunca esqueceu a súa terra natal e, tras o regreso en 1893 coa súa familia, instalouse en Betanzos. Alí, e ata o final da súa vida, xa feitos os 84 anos, dedicouse a numerosos proxectos a prol dos seus paisanos máis necesitados. |
| 1998-00-00 | A casa familiar dos García Naveira en Betanzos, 1998 |
Ver
Transcripción da A casa familiar dos García Naveira en Betanzos, 1998 en 00/00/1998Esta espléndido edificio encádrase no estilo ecléctico que dominaba a arquitectura de principios do século XX. Construído na praza do Campo, centro da vida urbana de Betanzos, axiña destacou pola súa grandiosidade, pola modernidade dos seus servizos e polos materiais da súa construción, con exteriores de granito de Parga e mármore e con interiores de caoba e doutras madeiras exóticas. O seu deseño foi obra do recoñecido arquitecto Juan de Ciórraga, que introduciu un estilo historicista de influencias francesas. A casa foi inaugurada en 1900, uns anos despois da chegada de Juan a Betanzos, e converteuse no fogar habitual e punto de reunión da familia. Continúa a destacar no urbanismo da vila como centro dunha praza que foi rebautizada como praza Irmáns García Naveira, en clara homenaxe a eles. En 1937, mortos xa os filántropos, o Concello de Betanzos colocou na súa fachada unha placa de mármore como agradecemento pola xenerosidade e filantropía dos irmáns Juan María e Jesús coa súa vila natal.
|
| 1998-00-00 | A praza Irmáns García Naveira, centro da vida social e económica de Betanzos, ca. 1928 |
Ver
Transcripción da A praza Irmáns García Naveira, centro da vida social e económica de Betanzos, ca. 1928 en 00/00/1998Os veciños e veciñas de Betanzos, beneficiarios da xenerosidade e altruísmo de Jesús e Juan María García Naveira, organizaron diversos actos de recoñecemento e agradecemento polo seu labor a prol dos máis desfavorecidos. Grazas ao seu legado construíronse numerosos edificios para mellorar a vida diaria dos máis necesitados da sociedade betanceira e que puideron gozar xeracións futuras.
|


