Temática: O indiano José García Barbón e a súa acción filantrópica

Temática: O indiano José García Barbón e a súa acción filantrópica [3]

Data Material Ver
Data Material Ver
Retrato do filántropo José García Barbón y Sola, ca. 1908
Ver

Transcripción da Retrato do filántropo José García Barbón y Sola, ca. 1908

Co seu retorno a Galicia en 1884, comeza a ser un dos maiores benfeitores da súa vila natal (Verín) e da cidade de Vigo, onde se instalou coa súa familia anos despois. A revista Vida Gallega, de gran difusión na cidade olívica, publicou no seu primeiro número unha reportaxe sobre o filántropo na que se destacaban todas as accións benéficas no eido educativo e cultural que se realizaran na cidade grazas ao seu mecenado. Foi coñecido polas súas múltiples iniciativas a prol da mellora das condicións de vida das clases traballadoras e da súa formación, pois era defensor da educación como un medio esencial para o progreso dos pobos, seguramente influído polas súas experiencias como emigrante en Cuba.


1909-04-03
Portada coa noticia do pasamento de José García Barbón no xornal habaneiro Galicia, 3 de abril de 1909
Ver

Transcripción da Portada coa noticia do pasamento de José García Barbón no xornal habaneiro Galicia, 3 de abril de 1909 en 03/04/1909

A noticia da morte do filántropo foi difundida na prensa da colectividade galega alén mar. O eco foi amplo en Cuba, a onde el emigrara sendo un rapaz de 13 anos. Tras o seu regreso a Galicia, viaxou en varias ocasións á illa por negocios e mantivo as súas amizades alí. O xornal Galicia, un dos máis importantes da prensa galega deses anos, publicou na portada do seu número 14 a noticia da defunción e aproveitou para facer unha exaltación da súa figura e de todas as accións benéficas e filantrópicas que realizara en ambos os dous países. No artigo, asinado polo xornalista Prudencio Canitrot, correspondente do xornal en España, podemos ler: “Este filántropo meritísimo por más de un concepto, merece nuestra gratitud y nuestro elogio, porque sin ostentaciones corruscantes, consagró su vida al engrandecimiento de su tierra, que amó siempre como un verdadero patriota y realizó en su obra de filantropía una provechosa labor de cultura y educación que le granjeó el cariño de sus paisanos [...]”.


1918-00-00
Panorámica da praza García Barbón de Verín, 1918
Ver

Transcripción da Panorámica da praza García Barbón de Verín, 1918 en 00/00/1918

Cando regresou a Galicia instalouse en Verín. Dono dunha gran fortuna, realizou numerosos investimentos en negocios que, ademais de darlle beneficios, tamén contribuíron á modernización e progreso da súa vila natal e dos seus habitantes. Entre eles podemos mencionar a constitución dun Banco de Crédito Agrícola ou a construción dun hotel balneario no manancial de Cabreiroá. En 1892 entregou 4.000 pesetas para o estudo do trazado do ferrocarril de Verín a Ourense e anos despois foi o promotor e un dos principais accionistas da empresa de coches de liña Automóbiles Ómnibus de Verín, S. A. e da empresa Electra de Verín S. A., que en abril de 1905 comezou a subministrar electricidade a toda a comarca.
A súa actividade benéfica destacou pola súa implicación na mellora das condicións de vida da súa veciñanza co financiamento de diversas obras públicas e educativas. Por todo ese labor a prol dos seus veciños, a corporación municipal nomeou unha praza co seu nome. En 1931 inaugurouse nesta praza un busto seu, obra do escultor Enrique Barros. Verín rendeulle tributo de gratitude ao seu filántropo nunha cerimonia á que asistiu a súa familia, sempre moi vinculada coa vila e coa obra do seu antepasado.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: García Naveira, Juan;  García Naveira, Jesús;  Busto, Gumersindo;  García Barbón, José;  Murias Rodríguez, Pedro;  Cordo Boullosa, Manuel;  Castelao, ;  Rodríguez Murias, Jesús;  Serra Fernández, Agapito;  Couto Pulido, Carlos;  Kiro, Ana;  Candia López, Manuel;  González López, Emilio;  Fernández Montenegro, José María;  Vidal Carrera, Ramiro;  Maseda Villamil, Francisco;  Castro, Rosalía de;  González Fernández, Ramón;  Fernández González, de Cabrera, Elsa;  Blanco de Lema, Fernando;  Temáticas: Historias de ida e volta;  remesas;  asociacións;  A pegada indiana na Mariña lucense;  educación;  Galegos en Portugal: Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa;  emigración;  O labor filantrópico dos irmáns García Naveira en Betanzos ;  acción sociocultural;  A emigración galega nos Estados Unidos;  traballo;  ensino;  Mulleres;  A Biblioteca América: o legado cultural de Gumersindo Busto;  O indiano José García Barbón e a súa acción filantrópica;  Ares en Cuba: unha emigración mariñeira;  arquitectura;  Memoria e voces femininas da diáspora galega;  identidade cultural;  O indiano Pedro Murias e o seu legado na Devesa;  comercio;  exilio;  O navío Santa Maria e a Operación Dulcinea;  música popular;  artes escénicas;  artistas;  poesía;  agricultura;  música tradicional;  deportes;  filosofía;  O indiano Fernando Blanco de Lema e a súa acción filantrópica;  coros;  empresas;  prensa escrita; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0