Temática: emigrantes [67]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
Folleto publicitario do buque Santa Maria, sen data |
Ver
Transcripción da Folleto publicitario do buque Santa Maria, sen dataA navieira portuguesa Companhia Colonial de Navegação publicaba estes folletos para dar a coñecer as rutas da súa frota de buques de transporte de pasaxeiros entre Europa e América. O Santa Maria, botado en 1953, contaba con todos os adiantos técnicos da época, e era un dos seus barcos máis rápidos e luxosos. |
|
Ana Kiro (A Castañeda-Arzúa, 1942 – Mera 2010) |
Ver
Transcripción da Ana Kiro (A Castañeda-Arzúa, 1942 – Mera 2010)María Dolores Casanova González naceu na Castañeda (Arzúa) o 24 de xaneiro de 1942. Con tan só dezaoito meses os seus pais levárona vivir a Barcelona. O seu pai, José Casanova Novás, era garda civil e fora destinado á Cidade Condal. Como a maioría das familias de emigrantes galegos no resto de España, a de María Dolores visitaba cada verán a súa aldea natal. Aos seis anos de idade foi vivir á Castañeda coa súa avoa paterna durante un ano. A súa convivencia coa avoa Dolores marcou fondamente a súa identidade cultural e persoal. Durante aquel ano vivindo na Castañeda aprendeu a “ser galega”; a Galicia labrega exerceu unha forte influencia no que, máis adiante, sería unha extensa e brillante carreira musical. De volta a Barcelona e sendo menor de idade, foi ás agachadas coa súa irmán a un programa radiofónico dominical de Sant Feliu de Llobregat, no que deixaban participar libremente e mostrar o talento artístico a toda persoa que o desexase. Resultou gañadora do concurso pero os seus pais truncaron, nun primeiro momento, o que sería o impulso para comezar unha carreira artística.
|
|
Retrato do filántropo José García Barbón y Sola, ca. 1908 |
Ver
Transcripción da Retrato do filántropo José García Barbón y Sola, ca. 1908Co seu retorno a Galicia en 1884, comeza a ser un dos maiores benfeitores da súa vila natal (Verín) e da cidade de Vigo, onde se instalou coa súa familia anos despois. A revista Vida Gallega, de gran difusión na cidade olívica, publicou no seu primeiro número unha reportaxe sobre o filántropo na que se destacaban todas as accións benéficas no eido educativo e cultural que se realizaran na cidade grazas ao seu mecenado. Foi coñecido polas súas múltiples iniciativas a prol da mellora das condicións de vida das clases traballadoras e da súa formación, pois era defensor da educación como un medio esencial para o progreso dos pobos, seguramente influído polas súas experiencias como emigrante en Cuba.
|
|
«Dios dote á Vuelta Abajo de algunos Pedros Murias» |
Ver
Transcripción da «Dios dote á Vuelta Abajo de algunos Pedros Murias»O 23 de xuño de 1817 decretouse o desestanco do tabaco en Cuba, a liberación do cultivo, manufactura e comercialización do produto. Este acontecemento propiciou a focalización do negocio do tabaco como mobilizador de grandes capitais. A expansión do cultivo da planta acelerouse na rexión occidental da illa, que alcanzou gran popularidade e foi coñecida co nome de “Vuelta Abajo”. O tabaco de Vuelta Abajo non tiña rival no mundo pola súa calidade. Comezaron a proliferar as manufacturas polo centro e leste do país.
|
|
Unha xornada de lecer: dependentes aresáns da ferraxería Casteleiro, Vizoso y Cía., ca. 1920 |
Ver
Transcripción da Unha xornada de lecer: dependentes aresáns da ferraxería Casteleiro, Vizoso y Cía., ca. 1920Coa prosperidade do negocio, Segundo Casteleiro e Gaspar Vizoso, os seus propietarios, contrataron mozos da súa comarca natal, ben da súa familia ou ben fillos de veciños da súa máxima confianza. Ao chegar á Habana, estes rapaces instalábanse no magnífico edificio sede da ferraxería. A empresa, cunha política de axuda mutua e promoción dos seus empregados, encargábase de inscribilos no Centro Galego para que tivesen atención sanitaria e educativa e, dependendo da súa capacidade e interese, ocupábase da súa educación nas horas libres, con clases de idiomas, contabilidade… e mesmo cursos de formación comercial no estranxeiro.
|
|
Ángel Bello Amado, natural de Redes, traballando na delegación da Ferraxería Casteleiro, Vizoso y Cía. en Ciego de Ávila, ca. 1915 |
Ver
Transcripción da Ángel Bello Amado, natural de Redes, traballando na delegación da Ferraxería Casteleiro, Vizoso y Cía. en Ciego de Ávila, ca. 1915Esta ferraxería axiña se converteu nun negocio florecente grazas ao crecente desenvolvemento da economía cubana de principios de século. Cuba era unha potencia exportadora de azucre e tabaco e precisaba modernizar as instalacións das explotacións, ademais das vías de comunicación por todo o territorio. A bonanza económica provocou que as vendas se disparasen e a compañía de venda de materiais e maquinaria agrícola e naval creou delegacións por toda a illa, con pequenos almacéns preto dos puntos onde se xeraba a demanda de material ferraxeiro.
|
|
Bar restaurante El Escorial, A Habana |
Ver
Transcripción da Bar restaurante El Escorial, A HabanaJosé Torrente López (ca. 1855) era betanceiro de nacemento de pai aresán e residiu en Ares desde meniño. Entrado xa o último terzo do século XIX e apenas sendo un adolescente, emigrou á illa de Cuba. Como moitos galegos asentados na Habana, José conseguiu desenvolverse no sector hostaleiro. Pertenceu a esa clase de emigrantes que non se limitaron a buscar o éxito individual, senón que trasladaron esforzos que repercutiron positivamente na súa comunidade de orixe.
|
|
Un trisco de Galicia en Lisboa |
Ver
Transcripción da Un trisco de Galicia en LisboaO conxunto coral e artístico denominado Anaquiños da Terra foi creado en 1955, formado por un grupo de rapaces e rapazas entusiastas e amantes da música e do baile tradicional galego. Foi a primeira agrupación coral galega existente en Portugal. As súas representacións musicais atenden a unha reafirmación da identidade cultural da colectividade galega residente en Lisboa.
|
|
Gumersindo Busto Villanueva, gran filántropo compostelán (Santiago de Compostela 1872 - Bos Aires 1937) |
Ver
Transcripción da Gumersindo Busto Villanueva, gran filántropo compostelán (Santiago de Compostela 1872 - Bos Aires 1937)Fillo de María Manuela Busto y Villanueva, este compostelán naceu en 1872, na parroquia de San Martiño de Laraño. Pouco se sabe sobre a súa infancia e preadolescencia en Galicia, agás que ingresou no Seminario de Santiago e cursou os tres primeiros anos de Latinidade. Como moitos galegos da época, Gumersindo non escaparía á tentación de emprender a súa propia aventura migratoria. En 1887, con tan só 15 anos, embarcou cara a Uruguai, o seu o primeiro destino migratorio e onde desempeñou varias ocupacións, como telegrafista no Ferrocarril Central de Uruguai, mestre dunha escola rural en Tacuarembó e asistente nunha notaría en Montevideo. Esta última experiencia marcou o seu ingreso na Facultade de Dereito da Universidad de Montevideo en 1892. Nese mesmo ano Gumersindo marchou para Arxentina e volveu exercer de telegrafista no Ferrocarril de Bos Aires e Rosario. Coa intención de continuar cos seus estudos, decide solicitar traballo no Rexistro da capital ata conseguir o grao de escribán público da cidade de Bos Aires, en 1898. Dende entón a súa carreira profesional consolidouse cada vez máis. O 11 de maio de 1896 contrae matrimonio coa arxentina Felisa Gallardeo e forman unha familia numerosa de oito fillos varóns, dos que o segundo, chamado Julio César, seguiu os seus pasos profesionais e rexeu con el a notaría dende 1933.
|
|
De emigrante común a distinguido letrado da cidade de Bos Aires |
Ver
Transcripción da De emigrante común a distinguido letrado da cidade de Bos AiresGumersindo Busto chegou a América en plena adolescencia, con todos os cambios físicos e cognitivos inherentes a esa etapa da vida. Como a moitos rapaces da época que embarcaron cara a América, tocoulle madurar dun xeito case repentino e acelerado. A súa interpretación da contorna social foi rápida, e integrouse ao mundo laboral a unha idade temperá. Desenvolveu oficios pouco comúns, tendo en conta as características da maioría dos emigrantes galegos da época. En Bos Aires, no seu segundo e definitivo destino migratorio, Gumersindo Busto exerceu o notariado como rexente do Rexistro de Contratos nº 125 e chegou a ser docente no Instituto de Aspirantes ao Notariado. No quefacer diario da súa profesión, o seu despacho destacaba polo impecable manexo de xestións referidas a contratos civís e comerciais, préstamos hipotecarios, tramitacións testamentarias e administración de propiedades.
|
|
Figuras representativas dunha vila: os irmáns García Naveira, Betanzos |
Ver
Transcripción da Figuras representativas dunha vila: os irmáns García Naveira, BetanzosEn 1983 trasládase a escultura marmórea dos filántropos García Naveira ata a praza que leva o seu nome, con motivo do cincuentenario do falecemento de Juan. Trátase dunha estatua que estaba situada orixinalmente na parte baixa do parque do Pasatempo. A escultura representa a Jesús sinalando os edificios do asilo e as escolas creadas por ambos os benfeitores, mentres que Juan escoita polo auricular dun teléfono. Sospéitase que a realización do monumento correu a cargo da Federación de Sociedades Obreiras de Betanzos (agricultores, canteiros e carpinteiros, entre outros oficios), en sinal de agradecemento aos irmáns García Naveira, e tamén que foi unha obra encargada ao artista S. Sbricoli.
|
|
Escola e asilo García Hermanos, a protección dos máis vulnerables |
Ver
Transcripción da Escola e asilo García Hermanos, a protección dos máis vulnerablesA vontade filantrópica dos indianos García Naveira vén ilustrada principalmente a través da creación do asilo e as escolas García Hermanos. Con ese obxectivo quedou constituída unha fundación benéfica de «patronato particular perpetuo», por escritura pública do 23 de agosto de 1908. O capital de base, achegado a partes iguais polos dous irmáns, foi de 500 000 pesetas. O predio para a construción de ambos os edificios anexos foi cedido polos dez concellos do partido xudicial de Betanzos. No artigo primeiro dos estatutos do Patronato Benéfico-Docente García Hermanos recóllese a súa natureza e finalidade xeral:
|
|
O Parque do Pasatempo de Betanzos, máis que un capricho indiano |
Ver
Transcripción da O Parque do Pasatempo de Betanzos, máis que un capricho indianoA curiosidade e o afán de sabedoría leva os irmáns García Naveira a viaxar por varios países. Acompañados de Rogelio Borondo, bo amigo betanceiro, viaxan a lugares emblemáticos e estimulantes, onde coñecen parte da súa historia, arte, cultura, natureza e industria. Os tres amigos, nun periplo de dous meses de duración, visitan Francia, Suíza e Italia. Borondo escribe a obra titulada
|
|
O Parque do Pasatempo de Betanzos ante novos tempos e merecidas oportunidades |
Ver
Transcripción da O Parque do Pasatempo de Betanzos ante novos tempos e merecidas oportunidadesA construción do Parque do Pasatempo comezou en 1893 e contaba nada menos que con nove hectáreas de superficie para desenvolver un soño multipropósito. Non se trataba só dun espazo para acadar o enxalzamento perpetuo da figura de Juan García Naveira e da súa familia, senón de transmitir coñecemento a partir das experiencias vividas tras percorrer países de medio mundo, ensinanzas plasmadas en cada recanto do elaborado recinto para o deleite dos seus visitantes. O Pasatempo resultou, sen dúbida, un recurso pedagóxico inherente ás escolas fundadas polos irmáns García Naveira, sen parangón en España. A súa decadencia comezou coa morte de Juan García Naveira en 1933. Desde entón, nada quixo ser tan grande para quedar tan pequeno.
|
|
A perenne pegada de Pedro Murias (Santalla da Devesa, 1840 - A Habana, 1906) na Devesa |
Ver
Transcripción da A perenne pegada de Pedro Murias (Santalla da Devesa, 1840 - A Habana, 1906) na DevesaComo xa destacamos no especial de Historias de ida e volta dedicado á figura de Pedro Murias, este indiano devesán non só destacou por formar parte da elite empresarial da illa de Cuba, senón tamén polo legado que deixou na súa terra. Destinou parte da súa riqueza á creación dun centro de ensino pioneiro, co claro obxectivo de achegar o adianto agrícola a toda a comunidade de orixe. A escola levaría o seu nome: Escola Agrícola Pedro Murias. Este indiano foi unha das figuras máis representativas no mundo da manufactura tabaqueira e destinou parte do seu capital hereditario á construción da dita escola, como consta detalladamente no testamento outorgado o 22 de maio de 1892. Nel manifestou que estaba «deseoso del mayor adelantamiento agrícola de mi patria».
|
|
Carmen Iravedra, mestra da escola de Burela coas súas alumnas, ca. 1950 |
Ver
Transcripción da Carmen Iravedra, mestra da escola de Burela coas súas alumnas, ca. 1950Non só de Cuba chegaron as remesas para construír escolas na Mariña luguesa. Tamén os mariñaos residentes na Arxentina enviaron cartos para fomentar e promover a educación e a cultura nos seus veciños e veciñas. Ademais dalgúns persoeiros que contribuíron a crear e dotar centros educativos e dos que xa falamos, a sociedade Centro Hijos del Partido de Vivero en Buenos Aires, creada en 1908, tivo un destacado papel neste eido. Grazas ao seu labor a prol da educación e a cultura da comarca construíronse as escolas de Burela, Xove e Cervo; neste último concello tamén axudou na edificación do Grupo Escolar José M. Fernández Montenegro, na localidade de San Cibrao. Por todo isto o Goberno español outorgoulle a Gran Cruz de Beneficencia.
|
|
Carlos Couto Pulido e a súa Villa Modesta, 1911 |
Ver
Transcripción da Carlos Couto Pulido e a súa Villa Modesta, 1911Carlos Couto Pulido, natural de San Xoán de Vilaronte (Foz), estivo emigrado na illa de Cuba, da que volta a principios do século XX. En 1903 casa con Modesta Couto Samaniego, filla do seu irmán Francisco Lois, que era un adiñeirado tabaqueiro na Habana. A cerimonia celébrase tras o seu retorno a Galicia, na parroquia de San Martiño de Mondoñedo. Non se sabe moito sobre a vida deste indiano focego. O matrimonio tivo dous fillos, Carmen e Ramón. Fontes oficiais mostran que foi suplente do xuíz e do fiscal no primeiro terzo do século XX (en 1915 e 1920), o que demostra que a súa formación académica se orientou cara á rama das ciencias xurídicas. Carlos faleceu en Foz o 25 de novembro de 1932. Nesta imaxe presentamos esta fermosa vivenda, que obedece ao perfil de casas indianas da zona da Mariña lucense. Foi coñecida como Villa Modesta, o que nos fai pensar que a súa construción se realizou en honor á súa muller.
|
|
Mercado municipal de Ribadeo, outra obra de filantropía indiana |
Ver
Transcripción da Mercado municipal de Ribadeo, outra obra de filantropía indianaRamón González Fernández (Ribadeo, 1856 - O Porriño, 1925) foi outro indiano ribadense que destacou pola súa obra filantrópica e que, neste caso, non só favoreceu o seu lugar de orixe senón tamén o outro extremo de Galicia, concretamente o concello do Porriño, onde se asentou definitivamente tras o retorno da súa aventura migratoria na Arxentina (1899), país onde alcanzou o enriquecemento económico e persoal.
|
|
Un ourensán en Nova York, ca. 1920 |
Ver
Transcripción da Un ourensán en Nova York, ca. 1920Pedro V. E. naceu no concello ourensán de Bande, concretamente na parroquia de San Xoán de Garabelos. Na primeira década do século XX emigrou á Arxentina e á illa de Cuba, e despois a Nova York, onde residiu durante 10 anos e traballou na construción de camiños de ferro, rúas e grandes avenidas.
|
|
Anuncio na prensa dun negocio de emigrantes galegos no distrito de Nova Jersey, ca.1990 |
Ver
Transcripción da Anuncio na prensa dun negocio de emigrantes galegos no distrito de Nova Jersey, ca.1990Na primeira metade do século XX os galegos dedicábanse basicamente a actividades propias do sector servizos, en labores nos barcos e portos ou na construción, tanto de obras públicas (estradas, aeroportos, edificios públicos...), nun momento de crecemento das cidades americanas, como de edificación de casas de particulares e mantemento. Outras vías laborais estiveron na hostalaría (camareiros, cociñeiros, lavalouzas...), nas fábricas e industrias como obreiros de baixa cualificación, no ramo do tabaco...; en definitiva, nos sectores económicos de máis baixa cualificación. As mulleres emigrantes centráronse no servizo doméstico, no sector téxtil ou como limpadoras nos hospitais ou edificios públicos. Na segunda metade do século percíbese unha maior presenza de técnicos profesionais e industriais. Este cambio dáse tanto pola iniciativa e maior formación dos e das emigrantes como pola integración e maior nivel educativo das segundas xeracións. Os fillos e fillas de emigrantes, nacidos no país e con plenos dereitos, séntense americanos e optan aos mesmos estudos e profesións que os seus compatriotas.
|
|
A identidade propia dos galegos e galegas residentes en California |
Ver
Transcripción da A identidade propia dos galegos e galegas residentes en CaliforniaCalifornia foi outro lugar de asentamento dos nosos emigrantes, sobre todo nas principais cidades, como Los Ángeles. Alí creouse nos anos 80 o Círculo Español de Orange County, unha asociación de emigrantes con finalidades recreativas e culturais. O 27 de outubro de 1989, moitos dos asociados de orixe galega xuntáronse na Peña Galicia para defenderen a súa propia identidade cultural, aínda que continuaron vinculados coa sociedade matriz. Nos seus estatutos aparecen ben especificados os seus obxectivos, que van dende promover e fomentar a amizade e convivencia dos galegos e as súas familias ata manter viva a súa identidade cultural mediante todos os medios ao seu alcance coa organización de actividades «típicas gallegas folclóricas, y recreativas con la participación de todos los socios».
|
|
| 1901-04-14 | A familia en Galicia sempre no pensamento, Regla 1901 |
Ver
Transcripción da A familia en Galicia sempre no pensamento, Regla 1901 en 14/04/1901José Louro, emigrante devesán na illa de Cuba, envía a Galicia esta fotografía dedicada á súa nai. Os irmáns José e Luciano Louro emigraron á Habana no último terzo do século XIX e tras moitos traballos chegaron a ser propietarios de varias tendas no sector téxtil. José rexenta unha xastraría e tenda de teas na cidade de Regla, en cuxo interior posa cos seus empregados e algúns clientes e amigos, como o señor sentado nun lugar destacado, con sombreiro e bastón. Todos coas súas melloras galas e amosando a súa bonanza económica.
|
| 1908-12-00 | Carné de socio número 1, 1908 |
Ver
Transcripción da Carné de socio número 1, 1908 en 00/12/1908Ramiro Vidal Carrera foi un dos principais promotores da nova entidade, tal como aparece publicado na prensa do momento, e tiña o orgullo de ser o seu socio número 1. En palabras do propio Ramiro publicadas en La Voz de Breogán (decembro 1958, nº 8), «tratamos de formar ambiente adecuado para llevar a feliz término la fundación de un Centro en que pudiéramos recordar la amada terriña, levantando una bandera de cultura y amor entre todos los gallegos, cultivando la música y el canto regional y en fin, limar en lo posible, las densas aristas de orden social y cultural con que nuestros Gobiernos nos dejaban emprender el quizá provechoso, pero siempre triste camino de la emigración».
|
| 1909-04-03 | Portada coa noticia do pasamento de José García Barbón no xornal habaneiro Galicia, 3 de abril de 1909 |
Ver
Transcripción da Portada coa noticia do pasamento de José García Barbón no xornal habaneiro Galicia, 3 de abril de 1909 en 03/04/1909A noticia da morte do filántropo foi difundida na prensa da colectividade galega alén mar. O eco foi amplo en Cuba, a onde el emigrara sendo un rapaz de 13 anos. Tras o seu regreso a Galicia, viaxou en varias ocasións á illa por negocios e mantivo as súas amizades alí. O xornal Galicia, un dos máis importantes da prensa galega deses anos, publicou na portada do seu número 14 a noticia da defunción e aproveitou para facer unha exaltación da súa figura e de todas as accións benéficas e filantrópicas que realizara en ambos os dous países. No artigo, asinado polo xornalista Prudencio Canitrot, correspondente do xornal en España, podemos ler: “Este filántropo meritísimo por más de un concepto, merece nuestra gratitud y nuestro elogio, porque sin ostentaciones corruscantes, consagró su vida al engrandecimiento de su tierra, que amó siempre como un verdadero patriota y realizó en su obra de filantropía una provechosa labor de cultura y educación que le granjeó el cariño de sus paisanos [...]”. |
| 1910-00-00 | Retrato do filántropo Jesús García Naveira, ca. 1910 |
Ver
Transcripción da Retrato do filántropo Jesús García Naveira, ca. 1910 en 00/00/1910Nacido en Betanzos o 11 de setembro de 1852 no seo dunha familia humilde de labradores, emigrou con apenas 18 anos a Arxentina, reclamado polo seu irmán maior, Juan María, quen, instalado no país, comezaba a ter unha posición desafogada. Os dous irmáns convertéronse en socios en diversos negocios relacionados co comercio téxtil e de importación. Jesús tamén desenvolveu unha intensa actividade financeira e na banca: foi director do Banco Español de Río da Prata, vicepresidente da Cámara Española de Bos Aires e conselleiro-delegado de varias compañías de seguros.
|
| 1910-00-00 | Traballadores galegos na construción, Edison Portland Cement Co., Nova York, 1910 |
Ver
Transcripción da Traballadores galegos na construción, Edison Portland Cement Co., Nova York, 1910 en 00/00/1910Thomas A. Edison foi unha peza clave na transformación das concepcións da enxeñaría e mecánica da construción civil, e un dos inventores máis importantes e prolíficos dos Estados Unidos. En 1908 inventou as casas prefabricadas e mellorou o cemento, promovendo o seu uso. En 1899 fundou a coñecida como Edison Portland Cement Company. Nesta empresa participou un grupo de emigrantes galegos, tal como ilustra a imaxe, que dá conta dos seus inicios como traballadores no sector da construción. Descoñecemos se estes obreiros participaron nas campañas de sindicalización, tal como facían os inmigrantes mexicanos que traballaban en Chicago na industria do xeo.
|
| 1912-00-00 | Jesús Rodríguez Murias e a escola de Rinlo, Ribadeo, 1912 |
Ver
Transcripción da Jesús Rodríguez Murias e a escola de Rinlo, Ribadeo, 1912 en 00/00/1912O ribadense Jesús Rodríguez Murias emigrou moi novo a Cuba, onde conseguiu facer fortuna ao dedicarse ao negocio do tabaco na illa. Foi un dos promotores e benfeitores da sociedade Unión Rinlega da Habana. Como lles acontecía ás veces a moitos emigrantes tras o seu retorno á terra natal, Jesús caeu enfermo e faleceu en 1909. O seu legado debía ir destinado á realización de obras benéficas e educativas, como a construción dun edificio escolar en Rinlo. O testamento que deixa dá conta dos seus desexos de contribuír ao benestar da súa comunidade de orixe, concretamente dos máis pequenos e desvalidos, os nenos e nenas da súa parroquia. A escola será cedida á sociedade habaneira Unión Rinlega para o seu mantemento económico. As rendas xeradas polo seu patrimonio tamén serviron para o mantemento do hospital de Ribadeo, así como para os habitantes máis pobres da vila.
|
| 1913-00-00 | Testamento de D. Pedro Murias y Rodríguez outorgado na Habana o 22 de maio de 1892 |
Ver
Transcripción da Testamento de D. Pedro Murias y Rodríguez outorgado na Habana o 22 de maio de 1892 en 00/00/1913Pedro Murias contaba ao final da súa vida cun importante patrimonio valorado en preto de 600 000 pesos ouro. No texto especifícanse polo miúdo as propiedades –algunhas das cales xa non estaban no seu poder– que legaba a cada un dos herdeiros. Os principais beneficiarios foron os seus sobriños, Maximino Debén e Rodrigo Díaz de la Rocha. Ademais deixa legados a varios familiares e amigos e a dúas nenas orfas da Casa de Beneficencia da Habana; tamén a dúas asociacións galegas en Cuba das que fora socio e directivo, o Centro Galego da Habana e a Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia, que se dedicarían a prol dos emigrantes máis desfavorecidos. |
| 1914-05-17 | Xornada de camaradaría dos socios de Xuventude de Galicia, 17 de maio de 1914 |
Ver
Transcripción da Xornada de camaradaría dos socios de Xuventude de Galicia, 17 de maio de 1914 en 17/05/1914Na imaxe podemos ver un grupo de emigrantes galegos gozando dunha xornada de lecer nunha excursión pola contorna de Lisboa. Non esquecen os seus costumes e a música da gaita, do tambor e do tamboril axuda a que a reunión sexa do máis festiva. Unha das prioridades da entidade é acadar a solidariedade e unión entre os galegos residentes na capital portuguesa e a organización deste tipo de reunións contribuía a fomentar a amizade entre os seus membros.
|
| 1915-00-00 | O filántropo betanceiro Juan María García Naveira nunha visita ao asilo de anciáns, ca. 1915 |
Ver
Transcripción da O filántropo betanceiro Juan María García Naveira nunha visita ao asilo de anciáns, ca. 1915 en 00/00/1915Os Estatutos de la Fundación Benéfica Asilo García Hermanos y Escuela García Hermanos publicados en 1908, recollen os requisitos para a admisión de usuarios do asilo, que sería rexido preferentemente polas Hermanitas de Ancianos Desamparados ou outra comunidade homóloga:
|
| 1917-00-00 | O descanso final: noticia do regreso dos restos do filántropo Jesús García Naveira a Betanzos, 1917 |
Ver
Transcripción da O descanso final: noticia do regreso dos restos do filántropo Jesús García Naveira a Betanzos, 1917 en 00/00/1917A noticia da morte de Jesús García Naveira acaecida de forma repentina en 1912 en Arxentina conmocionou a toda a sociedade betanceira e galega. Xa recoñecido o seu labor filantrópico e benéfico xunto co seu irmán Juan, as homenaxes e tributos aparecen en toda a prensa do momento. Con motivo do seu falecemento, as Sociedades Obreiras de Betanzos organizaron unha velada literaria na que numerosos intelectuais da comarca loaron a súa figura e obra. |
| 1917-09-02 | Escolas García Hermanos, por unha escola aberta que amplíe horizontes para os brigantinos máis novos (inauguradas o 2 de setembro de 1914) |
Ver
Transcripción da Escolas García Hermanos, por unha escola aberta que amplíe horizontes para os brigantinos máis novos (inauguradas o 2 de setembro de 1914) en 02/09/1917Os irmáns García Naveira, como outros indianos enriquecidos, aproveitaron a prosperidade propia para promover o desenvolvemento educativo, cultural, social e material do seu lugar de orixe. Un exemplo ben representativo foi a construción e o mantemento das escolas para os nenos e nenas das clases máis desfavorecidas de Betanzos. As escolas García Hermanos eran coñecidas como escolas do asilo, pois estaban a carón deste. O edificio tiña instalacións independentes para cada sexo, tanto as aulas como os espazos de recreo. Os horarios tamén estaban diferenciados e procurábase que os varóns saísen con media hora de antelación con respecto ás rapazas.
|
| 1918-00-00 | Panorámica da praza García Barbón de Verín, 1918 |
Ver
Transcripción da Panorámica da praza García Barbón de Verín, 1918 en 00/00/1918Cando regresou a Galicia instalouse en Verín. Dono dunha gran fortuna, realizou numerosos investimentos en negocios que, ademais de darlle beneficios, tamén contribuíron á modernización e progreso da súa vila natal e dos seus habitantes. Entre eles podemos mencionar a constitución dun Banco de Crédito Agrícola ou a construción dun hotel balneario no manancial de Cabreiroá. En 1892 entregou 4.000 pesetas para o estudo do trazado do ferrocarril de Verín a Ourense e anos despois foi o promotor e un dos principais accionistas da empresa de coches de liña Automóbiles Ómnibus de Verín, S. A. e da empresa Electra de Verín S. A., que en abril de 1905 comezou a subministrar electricidade a toda a comarca.
|
| 1919-00-00 | O indiano Francisco Maseda coa súa familia pouco antes do seu retorno á Devesa, 1919 |
Ver
Transcripción da O indiano Francisco Maseda coa súa familia pouco antes do seu retorno á Devesa, 1919 en 00/00/1919Amosamos aquí a historia dos Maseda García como exemplo de moitas familias de emigrantes mariñaos que acadaron o éxito económico e social e retornaron á súa terra natal como uns indianos prototípicos. Francisco Maseda Villamil naceu en 1884 na Devesa e, como moitos dos seus veciños, emigrou á illa de Cuba moi novo, en 1899. Alí tiña familiares con negocios que lle deron traballo e acubillo, tal como el faría máis adiante, o que alimentaba as cadeas migratorias mariñás. Varios dos seus irmáns, María (que retorna a Ribadeo en 1909), José, Jesús e Ramón, tamén tomaron o camiño da emigración e todos se dedicaron con fortuna ao comercio. Dende a súa chegada á Habana comezou a traballar na ferraxaría La Esquina de Tejas, propiedade do seu curmán Antonio Díaz de La Rocha. Alí aprendeu o oficio e, cando este morreu e a súa familia regresou a Galicia, quedou de xerente e persoa de confianza. Cos anos chegou a ser copropietario. Nas primeiras décadas do século XX o negocio é un éxito e ten filiais en varias localidades da illa. Arredor de 1912 casou con Carmen García Rodríguez, filla doutro emigrante da Devesa, e tiveron tres fillos nacidos na Habana: Francisco (1914), José (1916) e Manuel María (1919). Nestes anos Francisco convértese nun home de negocios importante —con propiedades inmobiliarias e accións en varias empresas, ademais da ferraxaría— e nun membro destacado da colectividade galega. É un dos fundadores do Círculo Habanero de La Devesa e socio do Centro Galego. Por problemas de saúde a familia regresou á Devesa en 1920 e alí construíu unha fermosa casa con todas as comodidades do momento. Como tantos emigrantes retornados, viviu das rendas dos seus negocios en Cuba e levou unha vida tranquila cunha posición social destacada.
|
| 1924-08-24 | Defensa de Gumersindo Busto da doutrina do hispanoamericanismo |
Ver
Transcripción da Defensa de Gumersindo Busto da doutrina do hispanoamericanismo en 24/08/1924Baixo o título «¿Qué es el Hispanoamericanismo?» Gumersindo Busto avoga neste artigo pola cooperación entre os pobos hispanos, a nivel tanto cultural e educativo como económico. |
| 1925-00-00 | Estampa familiar do indiano Juan María García Naveira en Betanzos, ca. 1925 |
Ver
Transcripción da Estampa familiar do indiano Juan María García Naveira en Betanzos, ca. 1925 en 00/00/1925Juan María García Naveira (Betanzos, 16 de maio de 1849 – 9 de marzo de 1933), orfo de pai, decide, como moitos dos seus veciños, tomar o camiño da emigración e en 1869 marcha en busca dun futuro mellor a Arxentina. Alí traballa en diversos oficios e un par de anos despois, xa encarrilada a súa economía, manda chamar o seu irmán pequeno Jesús. A traxectoria profesional de ambos os dous continúa paralela e chegan a ser uns importantes homes de negocios. Hai varias fontes que atribúen a súa gran fortuna á venda duns terreos en Bahía Blanca para a construción da liña de ferrocarril.
|
| 1927-00-00 | Escola de Xove, 1927 |
Ver
Transcripción da Escola de Xove, 1927 en 00/00/1927A constitución de sociedades étnicas na emigración galega en América está intimamente ligada á idea de proliferación de escolas repartidas por toda a xeografía de Galicia. Co corpo alí e a mente aquí, moitos galegos e galegas vivían pensando na mellora e prosperidade dos familiares e veciños que quedaban nos lugares de orixe. Aínda que non se trata dunha pegada estritamente «indiana» no sentido de filantropía «particular», podemos amosar tamén a pegada colectiva que deixou a colectividade de emigrantes nas súas zonas de procedencia, froito dun traballo en equipo. Moitas veces, lonxe de grandes fortunas pero con grande esforzo e sacrificio, lograban os case os mesmos resultados que calquera indiano de gran renome.
|
| 1930-08-06 | A instrución como superación persoal e laboral, Pinar del Río, 1930 |
Ver
Transcripción da A instrución como superación persoal e laboral, Pinar del Río, 1930 en 06/08/1930Na imaxe podemos ver un grupo de alumnos, varios deles son galegos, cos seus diplomas, conseguidos tras finalizar os estudos de Contabilidade na Escola Nacional Mercantil de Pinar del Río. O segundo pola esquerda é Antonio Geada, natural de Alfoz, que emigrara a Cuba na década dos anos 20 do pasado século. A maioría dos emigrantes mariñaos e do resto de Galicia contaban con pouca formación académica. Sabían ler, escribir e as catro regras grazas moitas veces ao gran labor no eido educativo das escolas creadas polos emigrantes por todo o noso país e que na Mariña eran numerosas. Unha vez que chegaban ao país de acollida, o desexo de mellorar as súas condicións laborais lévaos a seguir formándose. Algunhas das principais entidades galegas na illa de Cuba, como o Centro Galego da Habana, crearon escolas para a formación dos seus socios, por exemplo o centro Concepción Arenal, no que se ofrecían cursos de contabilidade, idiomas, prácticas mercantís etc. e que tiveron unha grande acollida na colectividade. Conseguir unha maior formación académica supoñía un gran reto de tempo e esforzo. Vaise creando, así, na mentalidade da colectividade emigrada, unha asimilación clara entre progreso e educación, o que leva a realizar un inxente labor no eido educativo na terra nai.
|
| 1931-00-00 | Homenaxe ao filántropo Agapito Serra Fernández, 1931 |
Ver
Transcripción da Homenaxe ao filántropo Agapito Serra Fernández, 1931 en 00/00/1931Agapito Serra foi un de tantos emigrantes galegos que tivo que marchar cara a Portugal en busca de novas oportunidades. Nado no concello pontevedrés de Covelo, a elección do país de emigración vénlle dada polas fortes cadeas migratorias dos seus veciños e familiares en Portugal. Grazas ao seu esforzo chegou a ser un importante home de negocios no sector da hostalaría e da alimentación. Con todo, non esqueceu a súa terra natal e mandou construír na súa aldea natal unha escola «con capacidad para setenta alumnos y casa habitación correspondiente para el maestro con todas las comodidades». A Casa-escola San José foi inaugurada en 1923 e hoxe en día continúa a funcionar como un centro de verán para os e as veciñas do lugar.
|
| 1931-00-00 | Inauguración do grupo escolar José María Fernández Montenegro, Cervo, 1931 |
Ver
Transcripción da Inauguración do grupo escolar José María Fernández Montenegro, Cervo, 1931 en 00/00/1931José María Fernández Montenegro naceu en 1860 nunha parroquia do concello de Cervo chamada Lieiro. Sendo moi novo escolleu o camiño da emigración cara á Arxentina, país onde conseguiu alcanzar un notable éxito económico. O legado deste indiano foi de 60 000 pesetas, que foron destinadas á construción do edificio para albergar o grupo escolar que leva o seu nome, na súa parroquia de orixe. Este legado materializouno a súa viúva, Manuela Goñi Maíste.
|
| 1933-00-00 | Noticia do pasamento do filántropo Juan María García Naveira, 1933 |
Ver
Transcripción da Noticia do pasamento do filántropo Juan María García Naveira, 1933 en 00/00/1933Juan García Naveira tivo unha vida longa e produtiva. De ser un neno pobre e con escasa formación pasou a converterse, grazas á emigración, nun home emprendedor e moi rico, así como —o que para el era esencial— nun home instruído. Con todo, nunca esqueceu a súa terra natal e, tras o regreso en 1893 coa súa familia, instalouse en Betanzos. Alí, e ata o final da súa vida, xa feitos os 84 anos, dedicouse a numerosos proxectos a prol dos seus paisanos máis necesitados. |
| 1935-11-23 | Banquete polo aniversario da fundación de Xuventude de Galicia, 23 de novembro de 1935 |
Ver
Transcripción da Banquete polo aniversario da fundación de Xuventude de Galicia, 23 de novembro de 1935 en 23/11/1935Nos anos 30 a asociación estaba plenamente integrada na vida social e cultural de Lisboa. Era moi recoñecida polos propios portugueses e as súas reunións aparecían referenciadas non só na prensa da colectividade española senón tamén na nacional. Contaba con numerosos asociados, entre os que estaban os membros máis destacados da colectividade. Aínda que mantiña a súa acción solidaria cos máis necesitados, primaba a súa finalidade recreativa como medio para manter os lazos de unión de todos os emigrantes galegos que alí residían. Periodicamente organizaba festas, xantares e homenaxes a intelectuais e persoeiros destacados, tanto galegos como portugueses, como podemos ver nesta imaxe.
|
| 1937-06-21 | Triste noticia para a colectividade galega emigrada: o pasamento de Gumersindo Busto |
Ver
Transcripción da Triste noticia para a colectividade galega emigrada: o pasamento de Gumersindo Busto en 21/06/1937Gumersindo Busto morre en Bos Aires o 21 de xuño de 1937 sen chegar a ver fisicamente o proxecto da súa vida, a Biblioteca América. A noticia do seu pasamento tivo unha gran repercusión na prensa arxentina e galega. A maioría dos xornais da colectividade emigrada en América rendéronlle unha última homenaxe ao filántropo compostelán que dedicou gran parte da súa vida e da súa fortuna persoal a apoiar o desenvolvemento da universidade da súa terra como un medio de progreso para Galicia. Neste artigo da revista Galicia, órgano oficial do Centro Galego de Bos Aires, do que fora socio e directivo, podemos ler: «El fallecimiento de don Gumersindo Busto enluta, no solo a Galicia, [...] sino también a toda la América hispánica, ya que casi toda su vida fue consagrada a difundir el conocimiento y los valores de los países nacidos de la madre patria». A título póstumo a USC concedeulle un vítor como recoñecemento ao seu labor de impulsor e alma mater da Biblioteca América. |
| 1941-00-00 | El Miño, Bar & Restaurant, «donde mejor se come y más cumplidamente se atiende a los clientes», Nova York, 1941 |
Ver
Transcripción da El Miño, Bar & Restaurant, «donde mejor se come y más cumplidamente se atiende a los clientes», Nova York, 1941 en 00/00/1941Os nichos de mercado nos que a maioría dos galegos buscaban unha oportunidade laboral non só dependían das súas habilidades como traballadores, senón tamén da oferta existente segundo a zona onde residían. Ao longo do tempo algunhas ocupacións dos emigrantes sufriron pequenas variacións pero, na súa maioría, estes evolucionaron manténdose dentro dos mesmos sectores. Temos algúns exemplos como a industria tabaqueira, mariña mercante, navieiras estadounidenses e actividades portuarias, hostalaría, construción ou comercio.
|
| 1942-00-00 | Primeira sede da Casa de Galicia de Unidad Gallega, Nova York, 1942 |
Ver
Transcripción da Primeira sede da Casa de Galicia de Unidad Gallega, Nova York, 1942 en 00/00/1942A Casa de Galicia de Unidad Gallega non só é unha sociedade máis de emigrantes galegos en Nova York, con finalidades e actividades comúns ás súas homólogas no continente, senón que tamén destacou polo seu dinamismo á hora de enviar divisas para disipar o grande impacto da crise económica que reinaba en Galicia durante a posguerra e ofrecer apoio aos exiliados galegos que chegaban a Estados Unidos.
|
| 1946-00-00 | Plantel Rosalía de Castro, Nova York, 1946 |
Ver
Transcripción da Plantel Rosalía de Castro, Nova York, 1946 en 00/00/1946A Sección de Instrucción y Cultura da Casa de Galicia de Unidad Gallega tiña unha intensa actividade cultural, que favorecía a formación educativa dos membros da colectividade galega residentes en Nova York. Entre os numerosos conferenciantes invitados ás charlas organizadas pola dita sección figuran intelectuais como Emilio González López, Federico de Onís, Pedro Dacal ou Leocadio Lobo. As veladas teatrais desta sociedade eran moi coñecidas entre os membros da colectividade. A entidade sempre amosou a súa pretensión de crear un verdadeiro centro cultural de referencia para a comunidade galega e hispana en xeral.
|
| 1956-06-13 | Representación deportiva de Xuventude de Galicia, 13 de xuño de 1956, Campo da Aliança, Campolide, Lisboa |
Ver
Transcripción da Representación deportiva de Xuventude de Galicia, 13 de xuño de 1956, Campo da Aliança, Campolide, Lisboa en 13/06/1956Esta fotografía foi tomada un día moi sinalado para os mozos galegos residentes en Lisboa. Trátase do primeiro partido oficial do Deportivo Juventud de Galicia, equipo de fútbol representante da asociación Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa. Festexaban o día de santo Antón e entre as actividades programadas atopábase o partido de fútbol contra o equipo do Instituto Espanhol de Lisboa para disputar a Taça Juventud de Galicia.
|
| 1956-07-06 | Paseo fluvial nocturno, Lisboa, 6 de xullo de 1956 |
Ver
Transcripción da Paseo fluvial nocturno, Lisboa, 6 de xullo de 1956 en 06/07/1956A bordo do vapor Lisbonense os mozos e mozas de Xuventude de Galicia pasan divertidos momentos durante o paseo fluvial organizado pola entidade. O embarque realizouse no molle da Ribeira das Naus e, nesta ocasión, o baile estivo amenizado pola orquestra Costa Rita, grupo musical asiduo na maioría das festas da colectividade galega en Lisboa.
|
| 1957-00-00 | Perpetuando a lembranza a Rosalía, Padrón, 1957 |
Ver
Transcripción da Perpetuando a lembranza a Rosalía, Padrón, 1957 en 00/00/1957A colectividade galega residente en Lisboa participou no acto de inauguración do monumento erixido polos padroneses emigrados a Uruguai en recordo a Rosalía de Castro, poeta inmortal para o pobo galego. Foi un acto moi concorrido, no que tamén estivo presente a comisión delegada de Xuventude de Galicia, xunto ás autoridades e o resto de personalidades representativas da elite cultural galega. O presidente do Centro Galego de Lisboa depositou o escudo floral ao pé do monumento da escritora, realizado polo escultor José Mateos.
|
| 1957-00-00 | Merecida homenaxe a Manuel Cordo Boullosa, Lisboa, 1995 |
Ver
Transcripción da Merecida homenaxe a Manuel Cordo Boullosa, Lisboa, 1995 en 00/00/1957O 18 de xuño de 1995 o socio honorario Manuel Cordo Boullosa foi homenaxeado por Xuventude de Galicia, entidade que tanto lle debe a este benfeitor. El foi o promotor e artífice da compra da actual sede social, adquirida en propiedade en 1988. É unha figura venerada por todos os socios e socias, considerada por moitos como o «patriarca» dos galegos de Lisboa. Socio número 1 benemérito e honorario, a grandeza da súa obra filantrópica sería relembrada de maneira simbólica a través dun busto de granito galego acompañado dunha placa que atribúe o seu nome ao edificio.
|
| 1958-02-01 | Celebración infantil no luns de Entroido, 1958 |
Ver
Transcripción da Celebración infantil no luns de Entroido, 1958 en 01/02/1958A organización de festas tradicionais era unha das actividades que desde os seus inicios serviron para manter a unión dos socios. O Entroido foi unha delas. Cada ano organizábanse na súa sede, durante unha semana, distintos actos en que os socios se disfrazaban, comían orellas e filloas e bailaban ao son da música tradicional. O luns estaba dedicado aos máis pequenos, as novas xeracións deses emigrantes, nacidos en Portugal pero con Galicia e os seus costumes sempre presentes.
|
| 1958-10-12 | Desfile do Día da Hispanidade polas rúas de Nova York, 12 de outubro de 1958 |
Ver
Transcripción da Desfile do Día da Hispanidade polas rúas de Nova York, 12 de outubro de 1958 en 12/10/1958Os socios e socias da Casa de Galicia de Unidad Gallega participan todos os anos na celebración do Día da Hispanidade, en conmemoración do descubrimento de América. Representan a todos os emigrantes galegos e van vestidos cos seus traxes tradicionais con grupos de bailaríns, gaitas e números da rondalla. Segundo as páxinas do Libro-Memoria que a Casa de Galicia publica anualmente para informar das súas actividades, este desfile sempre ten un grande éxito: «[E]s uno de los grupos que más llamó la atención en el desfile, dándole colorido y alegría, conquistando los aplausos del público». Reivindícase así a identidade cultural propia nunha sociedade tan diversa etnicamente e que avoga pola aculturación.
|
| 1959-03-29 | Concurso de «Señorita Juventud de Galicia 1959», 29 de marzo de 1959 |
Ver
Transcripción da Concurso de «Señorita Juventud de Galicia 1959», 29 de marzo de 1959 en 29/03/1959O papel tradicional da muller no seo desta entidade ao longo do século XX estivo condicionado pola realidade social do momento histórico. Como na maioría das asociacións galegas de emigrantes espalladas polo mundo, as mulleres tiñan un papel pouco definido e escasamente visible. Representaban a institución na vida cultural da cidade e colaboraban na obtención de fondos en casos de necesidade dos socios, así como na organización das diversas celebracións, ademais de seren parte integrante e activa dos seus grupos de baile, música e teatro. Nos estatutos sociais non se recollía a figura de asociada: as mulleres só podían participar nas actividades societarias como familiares dos socios (esposas, fillas ou nais). Actualmente as mulleres son socias de pleno dereito, participan no día a día da institución e ocupan cargos nas súas directivas.
|
| 1962-04-01 | O Coro Airiños de Casa de Galicia de Unidad Gallega de Nova York, abril de 1962 |
Ver
Transcripción da O Coro Airiños de Casa de Galicia de Unidad Gallega de Nova York, abril de 1962 en 01/04/1962En 1945 esta entidade, acubillo de todos os galegos emigrantes de Nova York e Nova Jersey, organiza unha agrupación de gaitas e canto para manter viva a identidade cultural e musical no seo da colectividade. Baixo a dirección do mestre Joaquín Alcalá, actúa nas festas e reunións da colectividade e axiña se converte nun dos seus sinais de identidade.
|
| 1963-03-21 | «Galego sempre, en todos os sitios», Manuel Cordo Boullosa (Lisboa, 5 de decembro de 1905 - 6 de abril de 2000) |
Ver
Transcripción da «Galego sempre, en todos os sitios», Manuel Cordo Boullosa (Lisboa, 5 de decembro de 1905 - 6 de abril de 2000) en 21/03/1963«Aprendí todo de la vida gallega y salí de Galicia cuando no había nadie en mi aldea que no tuviera una becerra o una vaca, y no había un metro cuadrado de terreno que no estuviese cultivado porque se vivía de eso […]. Nas noites de gran tormenta eu tiven que saír a buscar áuga. Eu levaba comigo un faroliño de man e un saxiño e, mesmo cando a tormenta apagaba o faroliño, eu tiña que seguir».
|
| 1965-00-00 | Elsa Fernández. A defensa da cultura galega das novas xeracións da emigración |
Ver
Transcripción da Elsa Fernández. A defensa da cultura galega das novas xeracións da emigración en 00/00/1965Elsa Fernández González, filla de galegos nada en Arxentina, viviu desde moi nova o amor profundo por Galicia e a saudade por unha terra que nunca chegaría a visitar.
|
| 1965-01-07 | Homenaxe a Castelao no seu cabodano, 7 de xaneiro de 1965 |
Ver
Transcripción da Homenaxe a Castelao no seu cabodano, 7 de xaneiro de 1965 en 07/01/1965En 1946 nunha segunda viaxe que Castelao realizou a Nova York foi nomeado «Primer socio de honor» da Casa de Galicia de Unidad Gallega. A súa figura xa estaba consolidada na colectividade galega alén mar como o guieiro do galeguismo e da defensa dos intereses de Galicia ante o Goberno republicano no exilio, sen esquecer a súa valía como artista e escritor. Era todo un símbolo para os galegos e galegas que vivían fóra das nosas fronteiras.
|
| 1966-00-00 | Mulleres galegas, as protagonistas das cacheladas da Casa de Galicia de Unidad Gallega, Nova York, 1966 |
Ver
Transcripción da Mulleres galegas, as protagonistas das cacheladas da Casa de Galicia de Unidad Gallega, Nova York, 1966 en 00/00/1966As famosas «cacheladas» —organizadas polo Comité de Damas da Casa de Galicia de Unidad Gallega de Nova York— sempre formaron parte das actividades máis populares entre os socios e socias desta entidade. As filloas / freixós nunca faltaban nesta celebración. O seu fin non era puramente recreativo, senón que estaba enfocado á recadación de fondos co fin de levar a cabo os distintos proxectos para promover a defensa da cultura galega e axudar os máis necesitados.
|
| 1998-00-00 | A casa familiar dos García Naveira en Betanzos, 1998 |
Ver
Transcripción da A casa familiar dos García Naveira en Betanzos, 1998 en 00/00/1998Esta espléndido edificio encádrase no estilo ecléctico que dominaba a arquitectura de principios do século XX. Construído na praza do Campo, centro da vida urbana de Betanzos, axiña destacou pola súa grandiosidade, pola modernidade dos seus servizos e polos materiais da súa construción, con exteriores de granito de Parga e mármore e con interiores de caoba e doutras madeiras exóticas. O seu deseño foi obra do recoñecido arquitecto Juan de Ciórraga, que introduciu un estilo historicista de influencias francesas. A casa foi inaugurada en 1900, uns anos despois da chegada de Juan a Betanzos, e converteuse no fogar habitual e punto de reunión da familia. Continúa a destacar no urbanismo da vila como centro dunha praza que foi rebautizada como praza Irmáns García Naveira, en clara homenaxe a eles. En 1937, mortos xa os filántropos, o Concello de Betanzos colocou na súa fachada unha placa de mármore como agradecemento pola xenerosidade e filantropía dos irmáns Juan María e Jesús coa súa vila natal.
|
| 1998-00-00 | A praza Irmáns García Naveira, centro da vida social e económica de Betanzos, ca. 1928 |
Ver
Transcripción da A praza Irmáns García Naveira, centro da vida social e económica de Betanzos, ca. 1928 en 00/00/1998Os veciños e veciñas de Betanzos, beneficiarios da xenerosidade e altruísmo de Jesús e Juan María García Naveira, organizaron diversos actos de recoñecemento e agradecemento polo seu labor a prol dos máis desfavorecidos. Grazas ao seu legado construíronse numerosos edificios para mellorar a vida diaria dos máis necesitados da sociedade betanceira e que puideron gozar xeracións futuras.
|
| 2008-00-00 | A escola de Adelán en Alfoz, un dos exemplos do proxecto educativo dos emigrantes do Valadouro en Cuba, 2008 |
Ver
Transcripción da A escola de Adelán en Alfoz, un dos exemplos do proxecto educativo dos emigrantes do Valadouro en Cuba, 2008 en 00/00/2008Este edificio foi inaugurado en 1933 grazas ás remesas enviadas pola sociedade Hijos del Valle de Oro en La Habana, tal como figura en grandes letras na súa fachada en lembranza do seu labor a prol da educación dos nenos e nenas desta parroquia lucense. Esta sociedade habaneira foi fundada en 1907 co obxectivo prioritario de axudar moral e materialmente a súa terra natal a alcanzar prosperidade a través da educación coa creación de escolas. Ademais desta escola, contribúen na construción de varios edificios escolares nas parroquias de Bacoi, Vilacampa, O Cadramón e Moucide.
|
| 2008-00-00 | A escola de Magazos, unha das moitas escolas financiadas pola sociedade habaneira Vivero y su Comarca, 2008 |
Ver
Transcripción da A escola de Magazos, unha das moitas escolas financiadas pola sociedade habaneira Vivero y su Comarca, 2008 en 00/00/2008Unha sociedade de emigrantes que destaca polo elevado número de centros educativos creados na súa terra natal é a Ilustrísima Sociedad de Vivero y su Comarca na Habana. Este título de honra concedeullo o Goberno de España en 1919, ademais da Cruz de Beneficencia de primeira clase.
|
| 2008-00-00 | Escola do Canteiro, Barreiros, 1906 |
Ver
Transcripción da Escola do Canteiro, Barreiros, 1906 en 00/00/2008A escola do Canteiro funcionou no pasado como centro de ensino primario e como local de reunión do sindicato agrario. Foi fundada en 1906 e promovida por unha sociedade instrutiva de emigrantes procedentes, na súa maioría, da parroquia de San Pedro de Benquerencia e denominada Centro de Benquerencia, Sociedad de Instrucción y Recreo, con sede na Habana.
|
| 2008-00-00 | Escola de San Román de Vilaestrofe, no concello de Cervo, 2008 |
Ver
Transcripción da Escola de San Román de Vilaestrofe, no concello de Cervo, 2008 en 00/00/2008Esta escola debe a súa existencia ao labor filantrópico do indiano Manuel Candia (Cervo 1850-1930), natural de San Román de Vilaestrofe e que fixo fortuna na Arxentina. Retornou en 1889 e mandou construír esta escola para educar os nenos e nenas da parroquia; ademais das aulas, contaba tamén con vivenda para o profesorado. A súa inauguración data de 1913. Nesta vistosa edificación destaca a fachada principal, cunha escalinata de acceso, moitos elementos decorativos xeométricos nas numerosas fiestras e un frontón curvo con reloxo. Nunha das placas conmemorativas de mármore pódese ler: «Los vecinos de esta parroquia, al filántropo Don Manuel Candia. Año 1913». Nun acto de homenaxe a Manuel Candia ondearon as bandeiras da Arxentina e de Galicia. A el asistiron a corporación municipal, mestres, médicos, párrocos, gardas civís, ademais dos veciños da parroquia de Vilaestrofe e das de Viveiro e Xove, e ofreceuse un banquete para un centenar de comensais nunha das aulas do grupo escolar.
|
| 2008-00-00 | Retrato de Fernando Blanco de Lema, o filántropo de Cee |
Ver
Transcripción da Retrato de Fernando Blanco de Lema, o filántropo de Cee en 00/00/2008Poucos retratos se coñecen deste indiano e todos foron feitos despois da súa morte. En 1880 os testamenteiros encárganlle a Federico Madrazo, un dos máis grandes pintores retratistas do século XIX, a realización de varios retratos do filántropo. Para a súa execución envían unha fotografía súa dende Cuba.
|
| 2011-00-00 | La Argentina, residencia do indiano José Álvarez Fernández na súa aldea natal de Vilaestrofe (Cervo), 2015 |
Ver
Transcripción da La Argentina, residencia do indiano José Álvarez Fernández na súa aldea natal de Vilaestrofe (Cervo), 2015 en 00/00/2011Pódese dicir que esta vila é o prototipo arquitectónico dunha casa indiana autóctona. O seu promotor foi un emigrante na Arxentina que acadou éxito económico e social. Emigrou a Bos Aires en 1884 e traballou nunha fábrica de tabacos, da que co tempo pasou a ser propietario. Casado cunha muller arxentina, converteuse nun home moi rico e retornou á súa aldea natal preto de 1910. Alí mandou construír unha casa grande, situada na actual estrada que une Sargadelos e San Román de Vilaestrofe. Para levar a cabo este proxecto decidiu contribuír cos seus cartos á construción desta estrada. Os seus veciños e veciñas recoñecerán cun monumento conmemorativo e unha placa o seu labor filantrópico a prol do progreso da comarca.
|
| 2022-00-00 | A Casa do Señorón, en Ourol, típica casa indiana da Mariña, 2022 |
Ver
Transcripción da A Casa do Señorón, en Ourol, típica casa indiana da Mariña, 2022 en 00/00/2022Esta casa indiana é tamén coñecida como a Casa das Palmeiras polos fermosos exemplares que a custodian e que se trouxeron expresamente de Cuba. Foi mandada construír nos anos 30 polo emigrante retornado José García Rodríguez, alcumado O Señorón, quizais pola fachenda e riqueza coa que volveu da Arxentina, país onde fixo fortuna. Con esta casa o indiano, como tantos outros, quería testemuñar a súa elevada posición económica, conseguida na emigración.
|


