Persoa: Jesús García Naveira

Persoa: Jesús García Naveira [5]

Data Material Ver
Data Material Ver
Figuras representativas dunha vila: os irmáns García Naveira, Betanzos
Ver

Transcripción da Figuras representativas dunha vila: os irmáns García Naveira, Betanzos

En 1983 trasládase a escultura marmórea dos filántropos García Naveira ata a praza que leva o seu nome, con motivo do cincuentenario do falecemento de Juan. Trátase dunha estatua que estaba situada orixinalmente na parte baixa do parque do Pasatempo. A escultura representa a Jesús sinalando os edificios do asilo e as escolas creadas por ambos os benfeitores, mentres que Juan escoita polo auricular dun teléfono. Sospéitase que a realización do monumento correu a cargo da Federación de Sociedades Obreiras de Betanzos (agricultores, canteiros e carpinteiros, entre outros oficios), en sinal de agradecemento aos irmáns García Naveira, e tamén que foi unha obra encargada ao artista S. Sbricoli.


1910-00-00
Retrato do filántropo Jesús García Naveira, ca. 1910
Ver

Transcripción da Retrato do filántropo Jesús García Naveira, ca. 1910 en 00/00/1910

Nacido en Betanzos o 11 de setembro de 1852 no seo dunha familia humilde de labradores, emigrou con apenas 18 anos a Arxentina, reclamado polo seu irmán maior, Juan María, quen, instalado no país, comezaba a ter unha posición desafogada. Os dous irmáns convertéronse en socios en diversos negocios relacionados co comercio téxtil e de importación. Jesús tamén desenvolveu unha intensa actividade financeira e na banca: foi director do Banco Español de Río da Prata, vicepresidente da Cámara Española de Bos Aires e conselleiro-delegado de varias compañías de seguros.
Xa na elite económica do país, casou con Carmen Echevarría y Olaverri, dama arxentina de orixe vasco-francesa, coa que non tivo descendencia.
Na década de 1890 regresa a España e instala a súa residencia en Madrid, aínda que fai frecuentes viaxes a Arxentina para xestionar os seus negocios. Mantén unha íntima relación co seu irmán, a quen visita a miúdo en Betanzos e con quen deseña un amplo abano de actividades filantrópicas a prol dos seus veciños e veciñas a través da creación en 1908 do Patronato Benéfico-Docente García Hermanos, co que financiaron a construción e o mantemento dun asilo e do edificio escolar do mesmo nome.
O 24 de marzo de 1912, nunha das súas viaxes a San Nicolás de los Arroyos, perde a vida vítima dun accidente de tráfico.


1917-00-00
O descanso final: noticia do regreso dos restos do filántropo Jesús García Naveira a Betanzos, 1917
Ver

Transcripción da O descanso final: noticia do regreso dos restos do filántropo Jesús García Naveira a Betanzos, 1917 en 00/00/1917

A noticia da morte de Jesús García Naveira acaecida de forma repentina en 1912 en Arxentina conmocionou a toda a sociedade betanceira e galega. Xa recoñecido o seu labor filantrópico e benéfico xunto co seu irmán Juan, as homenaxes e tributos aparecen en toda a prensa do momento. Con motivo do seu falecemento, as Sociedades Obreiras de Betanzos organizaron unha velada literaria na que numerosos intelectuais da comarca loaron a súa figura e obra.
No seu testamento deixa un importante legado a beneficio do padroado presidido polo seu irmán Juan, así como outras doazóns para mellorar a vida dos seus veciños e veciñas: 50 000 pesetas para construír unha escola municipal; a mesma cantidade a favor das Sociedades Obreiras de Betanzos, coa que mercaron unha casa que se converterá en Casa del Pueblo sede dos obreiros; 100 000 pesetas para repartir entre 200 familias pobres da vila, e outros legados para familiares e amigos. O total supuxo máis de 1 220 000 pesetas.
En 1917, os seus restos mortais foron trasladados a Betanzos e soterrados nun mausoleo erixido na capela do asilo que mandara construír. A noticia tivo amplo eco na prensa, como neste artigo de Vida Gallega, no que o xornalista menciona todas as súas obras benéficas e o recoñecemento dos seus paisanos «[…] De la Coruña y de todos los pueblos inmediatos acudieron millares de personas a los actos fúnebres, sobre cuya grandeza se destacaron muchos testimonios de la ingenua, fértil y hondísima gratitud de las clases más humildes, las más favorecidas por la generosidad de los hermanos García Naveira».


1917-09-02
Escolas García Hermanos, por unha escola aberta que amplíe horizontes para os brigantinos máis novos (inauguradas o 2 de setembro de 1914)
Ver

Transcripción da Escolas García Hermanos, por unha escola aberta que amplíe horizontes para os brigantinos máis novos (inauguradas o 2 de setembro de 1914) en 02/09/1917

Os irmáns García Naveira, como outros indianos enriquecidos, aproveitaron a prosperidade propia para promover o desenvolvemento educativo, cultural, social e material do seu lugar de orixe. Un exemplo ben representativo foi a construción e o mantemento das escolas para os nenos e nenas das clases máis desfavorecidas de Betanzos. As escolas García Hermanos eran coñecidas como escolas do asilo, pois estaban a carón deste. O edificio tiña instalacións independentes para cada sexo, tanto as aulas como os espazos de recreo. Os horarios tamén estaban diferenciados e procurábase que os varóns saísen con media hora de antelación con respecto ás rapazas.
As materias que se impartían ían enfocadas a coñecementos elementais de lectura, escritura, doutrina cristiá e nocións de historia sagrada, ademais de gramática castelá, ortografía e aritmética. Se o orzamento o permitía, o ensino estendíase a materias referidas ao comercio, a industria e as artes. O alumnado recibía vestimenta e calzado gratuíto, ademais dunha comida diaria. Distribuíanse tamén premios entre os máis aplicados e con menos de vinte faltas de asistencia; tratábase, así, de evitar o absentismo escolar, tan común na época, xa que os fillos de familias labregas dedicaban máis tempo aos traballos agrícolas que á adquisición de novas aprendizaxes.
Para ingresar como alumno ou alumna requiríase:
«1.º Tener la edad mínima de cuatro años, poder hablar correctamente, moverse con libertad y valerse por sí mismo en la comida.
2.º Ser pobre, natural de este partido, no padecer enfermedad contagiosa ni de exterior repugnante, ó que exija medicación y cuidados especiales, y acreditar haber sido vacunado. Se dará siempre preferencia a los huérfanos».
A partir de 1915 foron incluídas as clases nocturnas para ambos os sexos, tamén gratuítas. O horario era de 18:00 h a 20:00 h, nas aulas de ensinanza primaria e baixo as directrices dos mesmos docentes que impartían as clases diúrnas.


1998-00-00
A praza Irmáns García Naveira, centro da vida social e económica de Betanzos, ca. 1928
Ver

Transcripción da A praza Irmáns García Naveira, centro da vida social e económica de Betanzos, ca. 1928 en 00/00/1998

Os veciños e veciñas de Betanzos, beneficiarios da xenerosidade e altruísmo de Jesús e Juan María García Naveira, organizaron diversos actos de recoñecemento e agradecemento polo seu labor a prol dos máis desfavorecidos. Grazas ao seu legado construíronse numerosos edificios para mellorar a vida diaria dos máis necesitados da sociedade betanceira e que puideron gozar xeracións futuras.
Como xusta recompensa o Concello solicitou en 1912, pouco despois da morte de Jesús, a concesión da Gran Cruz da Orde Civil de Beneficencia ao rei Afonso XIII, «por su probado amor al pobre y al necesitado», que se lle impuxo a Juan en 1913 nun grande acto público. En 1925 a praza do Campo, onde estaba situada a vivenda da familia, pasou a denominarse co nome dos filántropos como símbolo do agradecemento de todo un pobo polo seu labor a prol das melloras na vila. Juan gozou tamén en vida, en 1929, dunha homenaxe popular polo seu nomeamento como fillo predilecto da cidade.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: García Naveira, Juan;  García Naveira, Jesús;  Busto, Gumersindo;  García Barbón, José;  Cordo Boullosa, Manuel;  Murias Rodríguez, Pedro;  Couto Pulido, Carlos;  Kiro, Ana;  Candia López, Manuel;  González López, Emilio;  Fernández Montenegro, José María;  Vidal Carrera, Ramiro;  Maseda Villamil, Francisco;  Castro, Rosalía de;  González Fernández, Ramón;  Fernández González, de Cabrera, Elsa;  Blanco de Lema, Fernando;  Castelao, ;  Rodríguez Murias, Jesús;  Serra Fernández, Agapito;  Temáticas: Historias de ida e volta;  remesas;  asociacións;  A pegada indiana na Mariña lucense;  educación;  Galegos en Portugal: Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa;  emigración;  O labor filantrópico dos irmáns García Naveira en Betanzos ;  acción sociocultural;  A emigración galega nos Estados Unidos;  traballo;  ensino;  Mulleres;  A Biblioteca América: o legado cultural de Gumersindo Busto;  O indiano José García Barbón e a súa acción filantrópica;  Ares en Cuba: unha emigración mariñeira;  arquitectura;  Memoria e voces femininas da diáspora galega;  identidade cultural;  O indiano Pedro Murias e o seu legado na Devesa;  comercio;  exilio;  O navío Santa Maria e a Operación Dulcinea;  música popular;  artes escénicas;  artistas;  poesía;  agricultura;  música tradicional;  deportes;  filosofía;  O indiano Fernando Blanco de Lema e a súa acción filantrópica;  coros;  empresas;  prensa escrita; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0