Temática: identidade cultural

Temática: identidade cultural [2]

Data Material Ver
Data Material Ver
1957-00-00
Perpetuando a lembranza a Rosalía, Padrón, 1957
Ver

Transcripción da Perpetuando a lembranza a Rosalía, Padrón, 1957 en 00/00/1957

A colectividade galega residente en Lisboa participou no acto de inauguración do monumento erixido polos padroneses emigrados a Uruguai en recordo a Rosalía de Castro, poeta inmortal para o pobo galego. Foi un acto moi concorrido, no que tamén estivo presente a comisión delegada de Xuventude de Galicia, xunto ás autoridades e o resto de personalidades representativas da elite cultural galega. O presidente do Centro Galego de Lisboa depositou o escudo floral ao pé do monumento da escritora, realizado polo escultor José Mateos.


1965-00-00
Elsa Fernández. A defensa da cultura galega das novas xeracións da emigración
Ver

Transcripción da Elsa Fernández. A defensa da cultura galega das novas xeracións da emigración en 00/00/1965

Elsa Fernández González, filla de galegos nada en Arxentina, viviu desde moi nova o amor profundo por Galicia e a saudade por unha terra que nunca chegaría a visitar.
Sempre vinculada coas actividades culturais das entidades galegas, traballou como administrativa no Centro Galego, onde coñeceu a Luís Seoane e a Eduardo Blanco-Amor, co que chegará a ter unha grande amizade. Foi tamén secretaria da Comisión de Damas do Hogar Gallego para Ancianos e participou en numerosas iniciativas culturais como AGUEA, a Asociación Argentina de Hijos de Gallegos ou, xunto a Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas, na editorial Follas Novas. De feito, en 1961, cando eles marchan para Cuba, queda ao cargo da editorial e continúa a organizar a Feira do Libro Galego. Representou en Arxentina as editoriais galegas Galaxia e Bibliófilos Gallegos e xestionou un espazo radial chamado Mirador Bibliográfico Galego, no que lía textos da literatura galega. Colaborou tamén nas revistas Galicia Emigrante e Vieiros, onde podemos ler algúns dos seus artigos.
A súa morte prematura, con apenas trinta anos, conmocionou a toda a colectividade. En 1965, como homenaxe, a editorial Alén Mar publicou de maneira póstuma un libro cos seus poemas titulado Lonxanía, en cuxa edición colaboraron Luís Seoane, Laxeiro, Ricardo Palmás, Carlos Zubillaga e Basilio Losada.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: García Naveira, Juan;  García Naveira, Jesús;  Busto, Gumersindo;  García Barbón, José;  Murias Rodríguez, Pedro;  Cordo Boullosa, Manuel;  Vidal Carrera, Ramiro;  Maseda Villamil, Francisco;  Castro, Rosalía de;  González Fernández, Ramón;  Fernández González, de Cabrera, Elsa;  Blanco de Lema, Fernando;  Castelao, ;  Rodríguez Murias, Jesús;  Serra Fernández, Agapito;  Couto Pulido, Carlos;  Kiro, Ana;  Candia López, Manuel;  González López, Emilio;  Fernández Montenegro, José María;  Temáticas: Historias de ida e volta;  remesas;  asociacións;  A pegada indiana na Mariña lucense;  educación;  Galegos en Portugal: Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa;  emigración;  O labor filantrópico dos irmáns García Naveira en Betanzos ;  acción sociocultural;  A emigración galega nos Estados Unidos;  traballo;  ensino;  Mulleres;  A Biblioteca América: o legado cultural de Gumersindo Busto;  O indiano José García Barbón e a súa acción filantrópica;  Ares en Cuba: unha emigración mariñeira;  arquitectura;  Memoria e voces femininas da diáspora galega;  identidade cultural;  O indiano Pedro Murias e o seu legado na Devesa;  comercio;  exilio;  O navío Santa Maria e a Operación Dulcinea;  música popular;  artes escénicas;  artistas;  poesía;  agricultura;  música tradicional;  deportes;  filosofía;  O indiano Fernando Blanco de Lema e a súa acción filantrópica;  coros;  empresas;  prensa escrita; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0