Estás a preparar a PAU 2026? Manuela Ures, profesora de Matemáticas no IES Eduardo Pondal de Ponteceso (A Coruña), explícache neste vídeo didáctico (4´ 31´´) como se resolve unha pregunta de estatística do exame de Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais.
A peza, dirixida ao alumnado de 2º de bacharelato, forma parte da serie didáctica La Voz Explica, elaborada no marco de Prensa-Escuela, o programa educativo do xornal La Voz de Galicia.

