Cando xogas ao Monopoly e tiras os dous dados normais, a suma que máis probabilidades ten de saír é 7, pero sabías que existe outro par de dados diferentes aos normais que producen exactamente a mesma distribución das sumas? Son os dados Sicherman e neste vídeo (2´ 12´´) Sarah Barcia e Carla del Río, alumnas do IES Castro Alobre (Vilagarcía), fálannos desta curiosidade matemática relacionada coa probabilidade.
Este foi un dos vídeos gañadores da XIV edición do Concurso Explícoche Matemáticas 2.0, organizado pola Facultade de Matemáticas e o Servizo de Normalización Lingüística da USC.

