Entidade: Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales en la República Argentina [4]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
Emblema da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales, ca. 1921 |
Ver
Transcripción da Emblema da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales, ca. 1921Tal como indica o nome elixido para a nova entidade, tivo dende os inicios a finalidade expresa de loitar pola emancipación económica, cultural, política e social dos galegos, principalmente dos que vivían do campo. Esta organización defendía o ideario republicano e de esquerdas e o agrarismo rexional. Pronto aparecen disensións entre dous sectores: os que se declaran galeguistas, que priman os intereses de Galicia na súa loita, e o sector socialista, para os que a defensa da república, do obreiro e dos ideais de esquerdas son prioritarios.
|
|
| 1922-01-01 | O número 1 de El Despertar Gallego, primeiro voceiro federal, 1922 |
Ver
Transcripción da O número 1 de El Despertar Gallego, primeiro voceiro federal, 1922 en 01/01/1922A necesidade de crear un órgano de expresión propio foi unha das prioridades da Federación acabada de fundar e estaba recollida nos seus estatutos. Este xornal informaba mensualmente sobre o funcionamento da Federación (informes da xunta executiva, consello federal, asembleas, debates, disensións internas etc.) e das actividades das sociedades federadas. O seu primeiro director foi o galeguista Antón Alonso Ríos. Neste primeiro número aparecen reproducidos os estatutos e a declaración de principios aprobados no congreso constituínte. |
| 1922-10-01 | El Despertar Gallego, Bos Aires (1922-1930) |
Ver
Transcripción da El Despertar Gallego, Bos Aires (1922-1930) en 01/10/1922El Despertar Gallego forma parte da prensa étnica publicada pola colectividade galega radicada na Arxentina. Foi o “Órgano oficial da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales”, marcado por unha postura política galeguista de esquerda. |
| 1926-00-00 | Xunta directiva da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales, ca. 1926 |
Ver
Transcripción da Xunta directiva da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales, ca. 1926 en 00/00/1926De pé aparecen Eduardo Blanco-Amor e Ramón Suárez Picallo. Este último acababa de chegar da súa viaxe a Europa, na que visitou Galicia e Sada, a súa vila natal. Na sede da FSG impartiu unha conferencia co título de "Impresiones de un viaje por la tierra gallega".
|


