Entidade: Hermandad Gallega de Venezuela

Entidade: Hermandad Gallega de Venezuela [4]

Data Material Ver
Data Material Ver
1965-00-00
Unidade Educativa Colexio Castelao, Instituto Educacional da Hermandad Gallega de Venezuela, Caracas, 1965
Ver

Transcripción da Unidade Educativa Colexio Castelao, Instituto Educacional da Hermandad Gallega de Venezuela, Caracas, 1965 en 00/00/1965

O 17 de maio de 1962 o profesor Amancio Peleteiro presentou —ante a asemblea de socios convocada polo Comité Executivo da Hermandad Gallega de Venezuela— o anteproxecto e informe preliminar para a fundación do Instituto Educacional da Hermandad Gallega. Peleteiro contaba cunha ampla traxectoria docente e desenvolvera un efectivo labor de xestión en Santiago de Compostela. Foi o creador do Colegio e Instituto Minerva en Caracas. O centro impartía clases diúrnas a rapaces de todos os niveis educativos, desde preescolar ata bacharelato. Pola noite o centro atendía as necesidades educativas dos adultos, con clases de bacharelato e contabilidade.
Así chegou a creación do Colegio Castelao, con data fundacional do 7 de agosto de 1965, despois dun arduo labor do Comité Pro-escuelas Castelao e coa colaboración activa da directiva e do conxunto de socios e socias da entidade. A misión do Colegio Castelao consistía en ofrecer unha educación integral e de calidade ás novas xeracións.


1970-08-00
Hermandad Gallega de Venezuela (Caracas, 1970)
Ver

Transcripción da Hermandad Gallega de Venezuela (Caracas, 1970) en 00/08/1970

A Hermandad Gallega de Venezuela, sociedade máis importante e representativa da colectividade galega residente no país, vén publicando revistas e boletíns informativos ao longo da súa historia co fin de manter informados aos seus socios e socias. Nesta ocasión presentamos a cuberta do número especial de Hermandad Gallega, órgano difusor da entidade, dedicado ás festas de Galicia e publicado en agosto de 1970, dez anos despois da súa creación (1960), logo da fusión das seguintes entidades antecesoras: Lar Gallego (1945), Centro Gallego (1948) e Casa de Galicia (1956).
A revista contén abundante información, gráfica e escrita, sobre as actividades de carácter cultural e social desenvolvidas por esta asociación étnica de emigrantes galegos residentes en Caracas, ademais doutros aspectos que fan referencia ás instalacións que prestan servizos aos asociados, relacións institucionais, decisións dos órganos directivos etc. Combina a información propia da prensa institucional con escritos de carácter cultural sobre Galicia, España e Venezuela (literatura, arte, costumes, notas biográficas, artigos de opinión escritos por intelectuais destacados etc.)


2008-00-00
Aula de cuarto grao de educación primaria da Unidad Educativa Colegio Castelao, Caracas, 2008
Ver

Transcripción da Aula de cuarto grao de educación primaria da Unidad Educativa Colegio Castelao, Caracas, 2008 en 00/00/2008

Nun principio, as actividades académicas iniciáronse sen unha sede propia, e impartíanse clases desde educación infantil, coñecida popularmente como «Kinder», ata os primeiros cursos de educación primaria. Pouco a pouco foise ampliando a cobertura educativa e a partir do curso 1987-1988 acada a etapa de bacharelato. En 1999-2000 o Colegio Castelao estrea nova sede nas instalacións da propia Hermandad Gallega de Venezuela, e nese ano académico conta cunha poboación escolar de máis de catrocentos alumnos. Hoxe esta institución educativa leva 58 anos de andaina e está perfectamente consolidada como tal, cun prestixio crecente na comunidade de acollida.
Na imaxe aparece a profesora Meilán, que tivo unha longa traxectoria como docente do alumnado de primaria. O seu pai, Eduardo Meilán, foi un dos galegos que participaron activamente na iniciativa de creación do Colegio Castelao, do que foi profesor de cultura galega e tamén presidente da Hermandad Gallega en varias ocasións.


2008-00-00
«Somos Castelao, somos Hermandad». Alumnado formando fila para entrar ás aulas do Colegio Castelao, Caracas, 2008
Ver

Transcripción da «Somos Castelao, somos Hermandad». Alumnado formando fila para entrar ás aulas do Colegio Castelao, Caracas, 2008 en 00/00/2008

Un dos obxectivos principais da Unidad Educativa Colegio Castelao é o de brindar unha educación integral e de calidade aos fillos e fillas dos socios, como forma de apoiar as familias, nun contexto en que se difundan e defendan a lingua e a cultura galegas, ademais de ofrecer un coñecemento profundo dos valores, a cultura e as tradicións de Venezuela.
Esta institución proxecta, mediante o seu exitoso funcionamento, os obxectivos perseguidos desde a súa creación: «Educar, promover, investigar y ejecutar la pedagogía de los saberes en los valores, impartiendo la ciencia, la moral y lo humanístico en niñas, niños, adolescentes y jóvenes […] con una filosofía centrada en una educación moderna».


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, LuísSeoane, MaruxaFernández del Riego, FranciscoDíaz Pardo, IsaacHervella, EvelinaMaside, CarlosDieste, RafaelVarela, LorenzoPaz-Andrade, ValentínGarcía-Sabell, DomingoLaxeiro, Castelao, Maiztegui, Isidro B.Otero Pedrayo, RamónBlanco Amor, EduardoCañas, PilarArias “Mimina”, CarmenCuadrado, ArturoPrada, RodolfoPiñeiro, RamónColmeiro, ManuelFole, ÁnxelNúñez Búa, XoséIglesia Alvariño, AquilinoDíaz, XoséLedo, XohánCanabal, XesúsDíaz, AvelinoCabanillas, RamónDíaz Arias de Castro, CamiloOtero Espasandín, XoséLópez García-Picos, CarlosDíaz Dorado, DiegoCurros Enríquez, ManuelPita, EmilioÁlvarez Blázquez, Xosé MaríaNeira Vilas, XoséFerreiro, Celso EmilioVilanova Rodríguez, AlbertoEiroa, José GabrielBaltar Domínguez, AntonioCarballo Calero, RicardoCao, José MaríaCunqueiro, ÁlvaroFernández, ValentínGómez Cobas, CasimiroCruces, FortunatoÁlvarez Blázquez, EmilioVillamarín Prieto, JoséBlanco Amor, José Temáticas: migracións Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. artesHistorias de ida e voltaÁlbum da EmigraciónÁlbum de Galicialiteraturaartes visuaisÁlbum de Galiciaautores/asFondos de Radio Nacional de España en Galiciamúsicaasociaciónsprensa escritamedios de comunicaciónasuntos particularesentrevistaColección: Isaac Díaz Pardo e Luís SeoaneMullerespolíticasocioloxíaespazos artísticosacción socioculturalA nova SargadeloshistoriaMulleres no Álbum de GaliciaradioremesaseducaciónFábrica de Porcelanas La MagdalenaexilioensinopoesíaMulleres galegas na emigraciónAs iniciativas educativas da emigración galegaA cultura galega alén marNovas realidades migratorias a América nos anos centrais do século XXO exilio galegoNo centenario da Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina100º Aniversario da ABC del Partido de CorcubiónAs asociacións microterritoriais da emigración galega en CubaAs asociacións microterritoriais da emigración galega en ArxentinaVoceiros da colectividade galega na emigracionOutros destinos da emigración galega150º Aniversario da Sociedad de Beneficencia de Naturales de GaliciaO labor filantrópico dos irmáns García Naveira en Betanzos A pegada educativa da emigración galega en AméricapremiosFardel d’eisiladonovela

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0