Convócase unha bolsa de prácticas nos traballos de campo e recollida de información no Concello de Fene para o Proxecto Toponimia de Galicia. (Máis información) Lectura completa
A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo crea unha lista de correo denominada “Normalización Lingüística” (Norlin), que pretende ofrecerlle á comunidade universitaria unha canle de comunicación orientada á difusión e promoción do noso idioma. (Máis información) Lectura completa
O Consello da Avogacía Galega presentou en Ferrol a campaña de distribución dun formulario xurídico en lingua galega, dirixido tanto ó ámbito da avogacía como a todas aquelas persoas interesadas na normalización dos usos lingüísticos no eido da xustiza. (Máis información) Lectura completa
A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo convoca subvencións para apoiar a comercialización de productos audiovisuais e a presencia en mercados de obras audiovisuais producidas en lingua galega. (Máis información) Lectura completa
O Concello de Miño convoca unha praza de auxiliar administrativo de normalización lingüística dentro da oferta de emprego público de 2003. (Máis información) Lectura completa
A Área de Innovación Académica da Universidade de Vigo anuncia a convocatoria dunha bolsa de colaboración para licenciados/as e estudiantes de Filoloxía Galega ou Hispánica. (Máis información) Lectura completa
A Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local convoca, segundo a orde publicada no DOG do 4 de xuño de 2003, os cursos básico, medio e superior de linguaxe administrativa galega destinados ó persoal da Administración local.
O prazo de presentación de solicitudes será de corenta días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da orde. Lectura completa
O Servicio de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela edita un novo número do Cartafol Dixital, boletín en liña que dá noticia do proceso de normalización lingüística no ámbito universitario. (Máis información) Lectura completa
Microsoft acaba de anunciar que o Office 2003, que se comercializará o vindeiro outono, contará cun corrector de galego. (Máis información) Lectura completa
A Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega presenta o vindeiro luns 26 de maio, ás 12 h., no salón de actos desta institución, O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000). Volume II. Educación. (Máis información) Lectura completa
A Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega crea unha lista de correo especializada en terminoloxía galega coa intención de coordinar os esforzos e compilar os recursos que se producen en Galicia sobre esta materia. (Máis información) Lectura completa
A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) edita un novo número do seu Boletín de Administración e Lingua, publicación semestral onde se recolle documentación, estudios e comentarios relacionados co uso do galego na Administración. (Máis información) Lectura completa
O Ministerio de Administracións públicas presentou a nova versión do Portal do Cidadán, sitio de encontro virtual entre o cidadán e a Administración, que incorpora entre as novidades de deseño a introdución de menús en galego. Lectura completa
A Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado organiza as VII xornadas “Interactuando no tempo libre”, que nesta edición incluirán un seminario sobre normalización lingüística no tempo libre, coordinado por Xabier Camba Sanmartín. (Máis información) Lectura completa
Sae á luz un novo número de Lingua Viva, boletín de normalización lingüística do Concello de Vigo, con información xeral sobre a planificación e normalización do galego e datos concretos sobre as actividades de dinamización lingüística que se están a desenvolver neste concello. (Máis información) Lectura completa
A Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local convoca axudas destinadas a sufragar os custos de contratación de persoal nos concellos, para a realización das funcións de traducción ó galego de documentación, así como a subvención de campañas de normalización lingüística. (Máis información) Lectura completa
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca un concurso público de méritos para a selección de profesorado bolseiro para impartir a materia de lingua, literatura e cultura galegas nas universidades de Barcelona, Bilbao, Birmingham, Braga, Faro, Heidelberg, Montevideo e Roma. (Máis información) Lectura completa
Entre o 5 e o 16 de maio desenvólvese o Correlingua 2003, carreira lúdico-reivindicativa que pretende promover o uso da lingua entre os máis novos. (Máis información) Lectura completa
A Fundación do Pedrón de Ouro decidiu concederlle o Pedrón de Honra 2003 a John Rutherford, profesor e director do Centro de Estudios Galegos na Universidade de Oxford. (Máis información) Lectura completa
A Universitat de Barcelona acollerá, do 28 ó 31 de maio, o VII Congreso Internacional de Estudios Galegos, que xirará arredor de dous temas principais: Mulleres en Galicia e Galicia e os outros pobos da Península. (Máis información) Lectura completa
A Asociación Sociopedagóxica Galega e a CIG-Ensino organizan a decimoterceira edición das Xornadas de Lingua e Literatura, que terán lugar na Facultade de Ciencias da Educación, en Santiago de Compostela, os vindeiros 25 e 26 de abril. (Máis información) Lectura completa
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Real Academia Galega (RAG) asinarán un convenio de colaboración que terá como principal obxectivo a revisión e actualización do Mapa Sociolingüístico de Galicia. (Máis información) Lectura completa
A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo convoca subvencións á producción editorial para apoiar a edición do libro en galego, a traducción ó galego e a edición noutras linguas de obras publicadas orixinariamente no noso idioma.
A Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega e Termigal organizan o I Simposio galego de Terminoloxía, que terá lugar os días 6, 7 e 8 de novembro en Santiago de Compostela. (Máis información) Lectura completa
Tagen Ata pon en marcha a cuarta edición destes obradoiros de lingua e sociedade, que pretenden espertar o interese e a sensibilidade lingüística entre a mocidade. (Máis información) Lectura completa
Tras o dictame da Comisión de Toponimia e da posterior deliberación do Consello da Xunta de Galicia, apróbase finalmente o nomenclátor correspondente á provincia da Coruña.
O Real Club Celta recolle no seu convenio colectivo un artigo específico que regula os dereitos lingüísticos e a normalización do galego na entidade. (Máis información) Lectura completa
Xa poden descargarse da rede os primeiros materiais didácticos multimedia xerados polos mestres que asistiron ós obradoiros Ciberlingua. (Máis información) Lectura completa
Convócanse bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. (Máis información) Lectura completa