Carmela Porteiro

Xornada. De pioneiras e andainas

Carmela Porteiro

As que achegan a ciencia aos océanos

Xoves, 24 de outubro de 2019
Santiago de Compostela
Xornada
De pioneiras e andainas

Carmela Porteiro

As que achegan a ciencia aos océanos

Xoves, 24 de outubro de 2019 Santiago de Compostela

A figura de Carmela Porteiro amosa o difícil camiño que percorreron as mulleres de ciencia en Galicia durante o último terzo do século XX, etapa en que abriron espazos laborais para as investigadoras que habían de acceder a mundos de homes e moi pouco adaptados a elas, como é o caso da oceanografía, coas súas longas viaxes e expedicións. Hoxe en día, tras esa vía aberta por pioneiras coma Carmela Porteiro, a investigación sobre os recursos mariños conta xa con numerosas mulleres que achegan coñecemento e cultura a este ámbito desde unha maior normalidade igualitaria.


Carmela Porteiro, bióloga experta en avaliación e xestión de recursos mariños vivos, foi investigadora desde os seus inicios no Centro de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO) e tamén a primeira muller en ocupar a vicepresidencia do Consello Internacional para a Exploración do Mar. Como investigadora do IEO, dirixiu expedicións a bordo dos buques Cornide Saavedra e Thalassa, e representou a España en numerosos comités de organismos nacionais e internacionais coma a FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura), STCEF (Comité Científico, Técnico e Económico para a Pesca da Comisión Europea) ou a estadounidense NOAA (Administración Nacional Oceánica e Atmosférica).


Seguindo o ronsel de Carmela Porteiro, e antes o doutras pioneiras como Ángeles Alvariño, hai moitas mulleres que están a construír presente e futuro no ámbito da oceanografía. É por iso que esta xornada, organizada polo Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega, quere ser, tamén, un espazo de coñecemento, de reflexión e de debate que permita analizar e descubrir os retos e dificultades das mulleres galegas na investigación científica en Galicia e no mundo.

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.

LUGAR

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal/mediateca

Ficha técnica 
Xornada.
De pioneiras e andainas
Carmela Porteiro
As que achegan a ciencia aos océanos
Cando
Xoves, 24 de outubro de 2019
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Inmaculada López Silva
María Xosé Porteiro García
Autoría
Carmela Porteiro Lago
Inauguración
Rosario Álvarez
Presenta
Marilar Aleixandre
Elena Vázquez Cendón
Relator/a
Victoria Besada Montenegro
Pablo Carrera
Rosa Chapela Pérez
Iria Fernández Silva
Inmaculada López Silva
María Loureiro
Mariám Mariño Costales
Manuel Rey Pan
Isabel Riveiro
Eduardo Rolland
Belén Rubio Armesto
Organiza
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CCG)
Consello da Cultura Galega