Grao en robótica na USC

Incorporación a Proxector: 3/9/2024

Neste vídeo divulgativo (2´ 55´´), dirixido a alumnado de ensino medio, a Universidade de Santiago de Compostela presenta o grao en robótica, que pode estudarse na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, no Campus de Lugo. Descubrirás que funcións desempeña un/unha titulado/a en robótica, que saídas profesionais ten o grao, cales son as características xerais do título e que materias forman parte do plan de estudos.

Este vídeo elaborouse no marco do programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”.

Universidade de Santiago de Compostela CREACIóN
3/9/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO