A historiadora María América Díaz Pampín fálanos neste vídeo divulgativo (3´ 30´´) da importancia do porto de Betanzos na Idade Media. Coñecerás cales eran as súas principais actividades económicas, as súas relacións cos outros portos e os motivos da súa desaparición.
A peza forma parte da serie audiovisual Betanzos Capital, elaborada pola cooperativa Marma ao abeiro do II Certame de Fondos do Reino de Galicia organizado pola Deputación de Coruña.

