O baleiro

Incorporación a Proxector: 3/9/2024

Preguntácheste algunha vez se é posible cocer un ovo duro no cumio do Everest? Neste vídeo didáctico (17´ 30´´) Manuel Vicente e David Ballesteros ensínannos a comprobalo de forma divertida. Para facelo, amósannos como funciona unha bomba de baleiro e como podemos construír unha na nosa propia casa.

Trátase dun capítulo do programa Aquelando con chispa da TVG no que tamén colabora o alumnado do CPI de Atios (Valdoviño).

David Ballesteros    Manuel Vicente    AUTORÍA
Televisión de Galicia CREACIóN
3/9/2024
#física   
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO