Un novo xeito de axudar á xuventude coa súa saúde mental

Incorporación a Proxector: 3/9/2024

Segundo algúns estudos, case o 50% dos adolescentes de Kenya sofren problemas de saúde mental. A dimensión do problema enténdese aínda mellor se pensamos que en todo o país só hai dous psiquiatras infantís e xuvenís. Nesta charla de TED (6´ 32´´) Tom Osborn cóntanos como, xunto co seu equipo do Shamiri Institute, está formando rapaces de entre 18 e 22 anos para que poidan dar tratamento psicolóxico ás súas comunidades en Kenya. Trátase dun método comunitario centrado na xuventude que xa ten demostrado a súa eficacia e que pode servir de modelo e inspiración para outros países.

A tradución ao galego é de Alberto Rodríguez e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.

Tom Osborn    AUTORÍA
3/9/2024
TEMÁTICAS
Galego    Portugués    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO