Era dos descubrimentos xeográficos (II): a primeira volta ao mundo

Incorporación a Proxector: 10/9/2024

Blanca Castro Gerpe, profesora de Xeografía e Historia no IES Lucus Augusti, fálanos neste vídeo (14´ 56´´) das expedicións xeográficas que tiveron lugar no século XVI, centrándose concretamente na coñecida como “expedición da especiaría” (1519-1522), un gran fito histórico protagonizado por Fernando de Magallanes e Juan Sebastián Elcano, que tiña como obxectivo establecer unha ruta occidental cara ás “illas das especias” e que culminaría coa primeira volta ao mundo.

Este recurso está dirixido a alumnado de educación secundaria.

Blanca Castro Gerpe    AUTORÍA
IES Lucus Augusti CREACIóN
10/9/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO