Na igrexa de san Francisco, en Betanzos, atópase o sepulcro de Fernán Pérez de Andrade, un dos mellores exemplos de escultura funeraria do gótico galego. Neste vídeo divulgativo (2´ 36´´) a historiadora Elena Carro Vieites explícanos quen foi este persoeiro e cal é a importancia do seu legado para a historia de Betanzos.
A peza forma parte da serie audiovisual Betanzos Capital, elaborada pola cooperativa Marma ao abeiro do II Certame de Fondos do Reino de Galicia organizado pola Deputación de Coruña.

