Grupo de Xestión Segura e Sostible de Recursos Mineiros

Incorporación a Proxector: 10/9/2024

Neste vídeo divulgativo (2´ 29´´) Santiago Pozo Antonio e María Araújo Fernández presentan o Grupo de Xestión Segura e Sostible de Recursos Mineiros (XESSMin), centrado nas seguintes liñas de traballo: o aproveitamento sostible dos recursos mineiros e enerxéticos, a mecánica de rochas, a enxeñaría cartográfica, o control da calidade de materias mediante o emprego de técnicas de visión artificial e o emprego de algoritmos matemáticos avanzados para o modelado ambiental.

A peza forma parte da serie audiovisual "Que facemos?", elaborada pola Área de Cultura Científica da Universidade de Vigo para presentar diferentes proxectos de investigación que se están a desenvolver nesta institución.

María Araújo Fernández    Santiago Pozo Antonio    AUTORÍA
Universidade de Vigo CREACIóN
10/9/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO