As vacas son animais con profundidade emocional e cada unha ten a súa personalidade propia e o seu temperamento. Neste vídeo divulgativo (4´ 59´´) Rocío Mateiga Souto, veterinaria no rural e gandeira, fálanos da identidade e o comportamento social das vacas, uns aspectos tan fascinantes como descoñecidos.
Este foi o traballo gañador da segunda edición do certame “Vémolo Nós” (na categoría “Divulgación do coñecemento”), organizado pola USC en 2024.