A ansiedade é un mecanismo evolutivo que o ser humano emprega para evitar o perigo e, polo tanto, non é daniña en si mesma, mais cando os niveis de ansiedade (individuais e colectivos) se disparan, esta vólvese prexudicial para a nosa saúde. Nesta charla de TED (7´ 18´´) a neurocientífica Wendy Suzuki fálanos de dúas ferramentas probadas cientificamente que poden axudarnos a calmar a ansiedade: a respiración e o exercicio físico.
A tradución ao galego é de Tiffany de Barros Rodríguez e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.

