O tempo

Incorporación a Proxector: 26/9/2024

Xulián Traseira Freire, estudante da USC, cóntanos nesta presentación (11´ 10´´) como entende a ciencia o concepto de “tempo”. Na súa exposición trata diferentes aspectos relacionados coa explicación científica do tempo, como poden ser a relatividade, a simultaneidade, a mente, a invariante temporal e a desorde.

A presentación tivo lugar no marco do Curso de Habilidades Comunicativas organizado polo Servizo de Normalización Lingüística da USC en 2024.

Xulián Traseira Freire    AUTORÍA
Universidade de Santiago de Compostela CREACIóN
26/9/2024
#física   
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO