Producindo o estado primixenio do Universo en menos de tres ioctosegundos

Incorporación a Proxector: 26/9/2024

Nesta charla divulgativa (45´) Carlos Salgado López, director do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE-USC), explícanos como a física de partículas pode axudarnos a entender que aconteceu no Universo uns microsegundos despois do big-bang.

Esta charla tivo lugar en xuño de 2024 no marco do curso Fronteiras, desde a orixe do universo ata a exploración espacial, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias.

Carlos Salgado López    AUTORÍA
Real Academia Galega de Ciencias CREACIóN
26/9/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO