O paradoxo de Aquiles e a tartaruga

Incorporación a Proxector: 26/9/2024

Neste vídeo didáctico (5´ 40´´) a matemática Cristina Vilas Taboada responde unha cuestión formulada polo físico e divulgador científico Jorge Mira, na que lle pide que explique un dos paradoxos máis famosos das matemáticas da antiga Grecia: o paradoxo de Aquiles e a tartaruga. Trátase dun paradoxo formulado polo filósofo grego Zenón (século V a.C) coa intención de probar que o movemento non existe, senón que se trata dunha ilusión. Cristina Vilas demostra con números que Zenón estaba trabucado.

Esta peza forma parte da serie audiovisual “Consultorio VídeoMatemático”, unha iniciativa do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) que ten como obxectivo achegar o coñecemento matemático á cidadanía.

Cristina Vilas Taboada    AUTORÍA
Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) CREACIóN
26/9/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO