A investigación sobre saúde na Universidade de Vigo

Incorporación a Proxector: 4/10/2024

Vídeo divulgativo (4´ 47´´) no que se presentan catro proxectos de investigación relacionados coa saúde que se están a desenvolver na Universidade de Vigo. Concretamente, Arturo Mojón preséntanos o proxecto Hygia; Roberto Barcala e Felipe Fernández fálannos do traballo do Grupo REMOSS; Diana Valverde explícanos cales son os obxectivos do Laboratorio de Enfermidades Raras; e Víctor Mondelo cóntanos cales son as liñas de investigación do Laboratorio de Informática Aplicada (Lia2).

A peza forma parte da serie audiovisual "Que facemos?", elaborada pola Área de Cultura Científica da Universidade de Vigo para presentar diferentes proxectos de investigación que se están a desenvolver nesta institución.

Roberto Barcala    Felipe Fernández    Arturo Mojón    Víctor Mondelo    Diana Valverde    AUTORÍA
Universidade de Vigo CREACIóN
4/10/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO