Fernando Atrio Barandela, catedrático de Física Teórica da Universidad de Salamanca, fálanos nesta charla divulgativa (48´ 23´´) do seu principal campo de estudo: o fondo cósmico de microondas, é dicir, a primeira luz do Universo.
Esta charla tivo lugar en xuño de 2024 no marco do curso Fronteiras, desde a orixe do universo ata a exploración espacial, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias.