Segundo capítulo (1´ 29´´) dunha serie de vídeos didácticos nos que Esther Vázquez nos ensina a distinguir entre vogais abertas e pechadas, unha cuestión que non acostuma resultar doada para as persoas que comezan a aprender galego. Neste segunda entrega aprenderás algunhas regras (así coma as súas excepcións) para pronunciar correctamente as palabras rematadas en -ono, -ona, -oño, -oña; e as acabadas en -on, -ons.
A peza forma parte do espazo televisivo DígochoEu, que emite a Televisión de Galicia para achegar o galego á poboación de forma dinámica e entretida.
Material complementario:
Serie completa de vídeos sobre vogais abertas e pechadas.