Gustaríache ser experto/a no ámbito do traballo e das súas relacións? Neste vídeo divulgativo (2´ 10´´) a Universidade de Santiago de Compostela explícanos que funcións desempeña un/unha titulado/a no grao de Relacións Laborais e Recursos Humanos, que saídas profesionais ten, cales son as características xerais do título e que materias forman parte do plan de estudos.
Este vídeo está dirixido a alumnado de ensino secundario e elaborouse no marco do programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”.

