Por que non empregamos o sistema decimal para contar o tempo?

Incorporación a Proxector: 9/10/2024

O xornalista Carlos Amado formuloulle a seguinte pregunta ao Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga): por que contamos o tempo en minutos que duran 60 segundos e non empregamos o sistema decimal? Neste vídeo didáctico (4´ 39´´) descubrirás cal é a orixe do sistema sexaxesimal e entenderás por que este sistema que emprega como base o número 60 é o máis idóneo para o cómputo temporal das 24 horas.

Esta peza forma parte da serie audiovisual “Consultorio VídeoMatemático”, unha iniciativa do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) que ten como obxectivo achegar o coñecemento matemático á cidadanía.

Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) CREACIóN
9/10/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO