Cal é o número máis grande?

Incorporación a Proxector: 22/10/2024

Preguntácheste algunha vez cal será o número máis grande? Poderiamos pensar que é o infinito, pero resulta que o infinito non é un número. Felipe Gago, profesor de Álxebra no Departamento de Matemáticas da USC, fálanos neste vídeo didáctico (7´ 57´´) do concepto matemático do infinito, tratando de dar resposta a unha pregunta previa formulada polo investigador en Neurociencia Casto Rivadulla.

Esta peza forma parte da serie audiovisual “Consultorio VídeoMatemático”, unha iniciativa do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) que ten como obxectivo achegar o coñecemento matemático á cidadanía.

Felipe Gago    AUTORÍA
Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) CREACIóN
22/10/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO