Terceiro capítulo (1´ 22´´) dunha serie de vídeos didácticos nos que Esther Vázquez nos ensina a distinguir entre vogais abertas e pechadas. Se nos dous capítulos anteriores puideches aprender a pronunciar algunhas palabras con vogais pechadas, esta terceira entrega céntrase nas palabras rematadas en “-en” e “-ense”, que se pronuncian con “e” aberto. Pero ollo, escoita atentamente a Esther, que hai excepcións.
A peza forma parte do espazo televisivo DígochoEu, que emite a Televisión de Galicia para achegar o galego á poboación de forma dinámica e entretida.
Material complementario:
Serie completa de vídeos sobre vogais abertas e pechadas.

