Vídeo divulgativo (7´ 35´´) sobre a figura de José Rodríguez González (Lalín, 1770 – Santiago de Compostela, 1824), un dos científicos máis relevantes da súa época, con importantes contribucións ás matemáticas, á xeometría, á astronomía, á xeografía e á mineraloxía.
A peza foi elaborada en outubro de 2024 pola Real Academia Galega das Ciencias no marco dos actos de homenaxe a este ilustre matemático, nomeado “Científico Galego do ano 2024”.

