Vídeo divulgativo (2´ 28´´) sobre as cantigas de escarnio e maldizer, un xénero literario propio da Idade Media que buscaba ridiculizar ao adversario. Ou pensabas que o “beef” era só cousa de artistas modernos/as? Prado Rúa cóntache como se lanzaban as indirectas en verso no medievo.
Esta peza forma parte da serie audiovisual Conexión co Reino, gañadora do premio do Fondo de Proxectos Culturais do Reino de Galicia da Deputación da Coruña 2023. A serie, con guión e dirección de Belén Puime e montaxe de Álex Tajuelo, está producida por Brava.