Neste vídeo divulgativo (1´ 15´´) María Alborja Valado, investigadora do Centro de Investigación Mariña da Uvigo, fálanos do seu traballo no eido da optimización da alimentación das especies criadas en acuicultura e de como o benestar animal inflúe directamente no rendemento das explotacións.
Esta presentación foi a gañadora da categoría predoutoral na I edición do Certame Marie Tharp, convocado en 2022 pola Universidade de Vigo.

