A retranca é a habilidade para falar con segundas intencións. Nesta pílula didáctica (1´ 22´´) Lupe Blanco fálanos do rol determinante que ten a retranca na arte da regueifa.
Esta peza forma parte dos vídeos formativos do proxecto Enreguéifate, promovido polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo.