A enxeñaría agrícola e egroalimentaria estuda a aplicación da ciencia e a tecnoloxía nos ámbitos das explotacións relacionadas coa agricultura e o medio natural, a transformación de produtos agropecuarios, o desenvolvemento de maquinaria e tecnoloxía agrícola, a xardinaría e o paisaxismo. Neste vídeo divulgativo (10´ 54´´) preséntase o Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria da USC, que pode estudarse no campus de Lugo. Descubrirás que funcións desempeña un/unha titulado/a neste grao, que saídas profesionais ten, cales son as características xerais do título e que materias forman parte do plan de estudos.
Este vídeo está dirixido a alumnado de ensino secundario e elaborouse no marco do programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”.

