Sexta entrega (1´ 42´´) da serie de vídeos didácticos nos que Esther Estévez nos ensina a distinguir entre vogais abertas e pechadas. Neste capítulo aprenderás a pronunciar correctamente as palabras rematadas en -ea /-eo. Tamén descubrirás unha regra moi doada para saber como se pronuncian os nomes das letras do abecedario que comeza por e- (efe, eme...), así como os que comezan por unha consoante seguida da vogal “e” (be, ce...).
A peza forma parte do espazo televisivo DígochoEu, que emite a Televisión de Galicia para achegar o galego á poboación de forma dinámica e entretida.
Material complementario:
Serie completa de vídeos sobre vogais abertas e pechadas.

