Nesta pílula didáctica (2´ 59´´) descubrirás de xeito sinxelo o significado dos conceptos turbulencia, estratificación e mestura, e a súa relevancia para o fitoplancto.
A peza foi elaborada por Esperanza Broullón no marco do proxecto científico REMEDIOS, promovido polo Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, o Instituto Español de Oceanografía e o Consello Superior de Investigacións Científicas-CSIC.

