Fuga do castelo de Santo Antón

Incorporación a Proxector: 20/11/2024

Partindo da documentación dunha causa xudicial custodiada no Arquivo do Reino de Galicia, neste terceiro capítulo (6´ 34´´) da serie divulgativa en formato podcast Segredos do Arquivo, poderás coñecer a historia duns perigosos presos confinados no Castelo de Santo Antón da Coruña. A maiores, o narrado nestes documentos axuda a reconstruír algúns dos feitos acontecidos en España durante o Trienio Liberal, coas loitas entre os absolutistas acérrimos e os liberais que querían volver á Constitución de 1812.

A serie ten como obxectivo divulgar e poñer en valor o inmenso tesouro documental que posúe o Arquivo do Reino de Galicia.

Arquivo do Reino de Galicia CREACIóN
20/11/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO