Un novo material de posibilidades infinitas

Incorporación a Proxector: 15/4/2025

Os investigadores/as do CiQUS - Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC deseñaron un grafeno poroso capaz de filtrar moléculas á carta. O investigador Diego Peña fálanos neste vídeo divulgativo (2´ 17´´) das súas potenciais aplicacións: potabilización de auga, separación de gases de efecto invernadoiro, a secuenciación de ADN ou a diálise de ril.

Esta peza audiovisual foi elaborada no marco da xornada virtual Ciencia Singular 2020, organizada pola USC.

Diego Peña Gil    AUTORÍA
Universidade de Santiago de Compostela CREACIóN CiQUS - Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares CREACIóN
15/4/2025
#química   
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO