Sabías que a fabricación duns zapatos pode supor o gasto de 8.000 litros de auga? O indicador que mide a auga doce consumida para a fabricación dun ben, produto ou servizo chámase pegada hídrica. Neste vídeo divulgativo (1´ 41´´) fálannos destas medicións e da súa utilidade.
Esta peza audiovisual foi realizada pola Federación Galega de Medio Ambiente, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, no marco do seu do programa de concienciación sobre a importancia da pegada hídrica.

